Preme na imaxe para saber máis sobre os volcáns.
Hoxe,un alumno de 4º de E.Primaria , Brais Costas , explicoulle aos seus compañeiros/as e o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria como actúa un volcán.
Construíuno na casa e logo realizou os seguintes experimentos:
-Botou bicarbonato, pementón, vinagre e xabón e o alumnado viu o que saía polo volcán.
Maxia!!
-Logo,botou bicarbonato e vinagre nunha botella e inflou un globo.
Felicitamos a Brais pola extraordinaria exposición que fixo e a súa nai,Sandra,por axudarlle a realizar estas actividades tan interesantes.
Sabias que :
-O Kilimanjaro é un volcán que se chama "o teito de África" porque é a cumbre máis alta deste continente e está cuberto de neve.
-O volcán máis activo e perigoso de Europa é o Vesubio.
-O Estrómboli é unha illa volcánica de Italia.Chámase así porque na antigüedade dicíase que o Estrómboli era a casa do deus dos ventos, Eolo.
-O Etna é o volcán activo máis alto de Europa.
-A maioria dos volcáns rodea o Océano Pacífico como un cinturón.
11/2/11
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Buen trabajo
Os alumnos/as de 2º de Primaria gustoulles moito esta actividade.
Felicitamos a Brais.
As grazas e felicitacións son para os mestres do Colexio de Fontes, que día a día, danlle alas ás ilusións dos alumnos, que están aprendendo a voar. Grazas por motivalos e ensinarlles, para que así poidan comezar a construír o seu voo.
Bicos
Publicar un comentario