28/3/11

Traballamos cos xornais

Como podedes ver o noso conserxe tamén aportou unha noticia deportiva ao noso mural. Menuda sorpresa!

Durante varios días,os alumnos/as dende E.Infantil ata 3º Ciclo de E.Primaria, estiveron a traballar cos xornais nas aulas. Redactaron noticias, entrevistaron personaxes de contos, escribiron pés de fotos, inventaron anuncios para contos, ilustraron titulares, pasaron un conto a unha historia disparatada, coñeceron as distintas seccións dun xornal, cambiaron un título real por un fantástico... Logo, con todos os traballos fixeron un gran mural. Pasárono moi ben e aprenderon a traballar cos xornais.

25/3/11

Teatro na escola


Hoxe,os alumnos/as da Escola Universitaria de Maxisterio San Pablo CEU de Vigo,achegáronse ao noso colexio,para representar As tres porquiñas e El pastel de chocolate,dúas adaptacións teatrais de contos de transmisión oral.
Que ben o pasamos!
Parabéns para todos/as e para a súa profesora Sandra,porque nos fixeron pasar un rato moi divertido e pola súa magnífica actuación.
Ademais,queremos darlle as grazas porque nos deixaron un libro moi bonito con todo o seu traballo,e que gardaremos na nosa biblioteca con moito agarimo.
Estivemos encantados de que compartírades con nós estas obras de teatro.
Xa sabedes que o noso colexio ten as portas abertas para vós.
De novo grazas e ata a próxima.

15/3/11

Le connosco


Un trompo de madera se enamora de una pelota, muy fina y soberbia, que le rechaza porque, según ella, no está a su altura.
¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow

Hoxe,na hora do recreo,Hortensia Peralba e a súa filla Antía Peña, alumna de 5º de E.Primaria, léronnos o conto "El trompo y la pelota" co apoio das TICS.
Grazas por compartir con nós este bonito conto.

13/3/11

11/3/11

Semana da prensa





Preme nas imaxes.Hai actividades moi interesantes.

Talleres en E.Infantil




Celebramos a semana do entroido con moita ilusión, porque é unha festa que nos gusta moito. Cada día realizamos un taller de entroido donde fixemos un disfrace para cada xornada.
•O luns disfrazámonos de pallasos
•O martes de indios
•O mércores de damas e cabaleiros
•O xoves de piratas.
O venres disfrazámonos na festa do colexio do conto “ Os sete cabritos”, para poder facer o disfrace os nosos pais traballaron moito, medindo, cortando, cosendo... solo queremos dicirvos MOITAS GRAZAS POR AXUDARNOS!

10/3/11

Novidades


A tradición oral é principalmente conservadora pero adoita sorprendernos con historias valentes e rompedoras como a deste álbum, no que Darabuc reinterpreta un conto popular.
A partir de catro anos.


Antonio García Teijeiro ha publicado un nuevo libro. En esta ocasión es un cuento poético que, en palabras del autor, intenta transmitir el valor de la palabra y la fuerza de la poesía.

Verbas de sal, en palabras del crítico literario Armando Requeixo es "unha deliciosa historia de amizade e fe no valor da Palabra. Un alegado a favor da Poesía nestes tempos paupérrimos nos que o telelixo o fagocita todo".

4/3/11

Festa do Entroido




Este ano o Entroido foi de personaxes de contos.

E.Infantil:Os cabritiños e o lobo.
1º Ciclo:A ratiña presumida.
2º Ciclo:Pinoquio.
3º Ciclo:Diversos personaxes de contos.

Entroido

Chegou o Entroido

que é unha festa moi divertida

e todos a troulear

que xa vai a comezar.

Disfrazámonos de ratos,

cans,burros,grilos e gatos

e todos a troulear

nesta festa sensacional.

Chega Pinoquio

cun gran nariz

por mentir

e tamén se quere divertir.

Acércanse bruxas,lobos

cabritiños,carapuchiñas

e demais familia

a esta festa tan divertida.

Saíron dos contos

para pasar un bo rato

con moito ritmo e fantasía

nesta festa tan divertida.

Feliz Día de Entroido!

3/3/11

Carapuchiñas




O meco mandou e nós cumprimos.
Que fermosas carapuchiñas!!!.

2/3/11

Le connosco


Cada mañana, Andrés se lo pasa bomba haciendo muecas frente al espejo del cuarto de baño. Cuanto más feas y difíciles, mejor. Pero un día, el Andrés del espejo no le devuelve el gesto, se queda quieto como una estatua. Ahora, Andrés tiene que reaccionar, y rápido, pues todo su mundo se está volviendo patas arriba.



Bonita representación a que nos fixo na hora do recreo,Delia e os seus fillos,Miguel,Alejandro e o seu sobriño Matías.
Noraboa por contar un conto de forma tan orixinal.