27/2/09

Fontes co cinema


Este ano acordamos celebrar o Entroido co seguinte título "Fontes co cinema",co obxectivo de darlle continuidade ao proxecto lector do Centro "Tinta e celuloide".
O programa a desenvolver durante o mes de Febreiro foi o seguinte:
1. Elaboración dun mural colectivo alusivo ao título.
2. Realización dun "Meco".
3. Concurso de caretas.
4. Deseño e realización dos disfraces por Ciclos.

18/2/09

Día de Rosalía
















O día 24 de febreiro é "O Día de Rosalía de Castro".
Naceu en Santiago (1837) e morreu en Padrón (1885).Poeta galega por excelencia.
Escribiu en castelán "En las orillas del Sar" co que acadou fama de ser unha das mellores poetas do século XIX.
En galego escribiu "Cantares gallegos",que se publicou en 1863 e "Follas Novas".
En 1963,no centenario da publicación de "Cantares gallegos",a Real Academia Galega,decidiu conmemoralo instituíndo o "Día das Letras Galegas",sendo Rosalía a primeira homenaxeada.

17/2/09

As caretas máis divertidas




Noraboa a todo o alumnado pola masiva participación neste concurso e polas caretas tan divertidas, coas que nos sorprenderon.

6/2/09

O noso proxecto

"Tinta e celuloide.
Escribimos con imaxes"

Este curso estamos a traballar un libro por ciclo e a súa correspondente película.
E.Infantil:"O parruliño feo"
1º Ciclo:"O libro da selva"
2º Ciclo:"20.000 leguas da viaxe submariña"
3º Ciclo:"A illa do tesouro"
Neste trimestre empezamos a ler os libros e no 3º trimestre visionaremos as películas,para realizar diversas actividades de lingua,matemáticas,plástica e coñecemento do medio.
Logo, realizaremos traballos de investigación sobre os temas,que tratan ditos libros.
Finalmente, analizaremos as películas seguindo un esquema.

3/2/09

X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Este ano está adicado ao AMOR.
Para máis información podedes ver esta páxina
www.salondolibro.org

Poemas da Paz

2/2/09

Lecturas favoritas



Os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria,despois de ler os libros:"Me llamo Paz","A que sabe a lúa?,fixeron este traballo coas súas familias.


Noraboa!