31/10/09

29/10/09

Chega o Samaín




A festa do Samaín,marcaba para os celtas o comezo dun novo ano.
No Samaín era costume baleirar nabos de grande tamaño-logo cabazas-para poñerlles dentro candeas.
Varios séculos despois esta tradición-que se mantén aínda en Galicia-ten continuidade
nas festas de Halloween,que poderían ter exportado aos EE.UU os irlandeses no século XIX e comezos do XX.
Di unha tradición que os celtas esa noite,amontoaban as caveiras dos mortos (e tamén dos seus inimigos)e as pintaban.
Parabéns para Julia, do CEIP Maestros Goldar, por estes excelentes vídeos.

Presentamos un novo amigo



Javier Prado,de 6º de E.Primaria,presentou o conto "Pétala" para os nenos/as de 1º Ciclo de Primaria.
Todos dixeron ao rematar,que lles gustou moito e que o pasaron moi ben.
Javier, regaloulles un marcapáxinas a todos/as que asistiron.
Parabéns para Javi e MªFe pola boa presentación do conto.
Ata a próxima vez!.

28/10/09

Presentación dun libro

Preme na imaxe

Traballos "Lemos na praia"


Estes traballos foron realizados polos nenos/as de 1º,2ºe 6º de Primaria nas súas aulas,despois de ler na praia.

Contacontos na Biblioteca Municipal

Os nenos/as de 1º Ciclo de Primaria,foron a un contacontos á Biblioteca Municipal para celebrar o "Día da Biblioteca".
Viñan moi contentos porque lles gustou moito o conto e ademais recibiron de agasallo o libro.
O día seguinte, trouxérono ao colexio para ensinalo os demais compañeiros/as que non foron e así animalos a ir a próxima vez que haxa outra actividade na Biblioteca Municipal.

26/10/09

Presentación alumnado de 6º


Os nenos e nenas de 6º curso fixemos unha foto para que nos vexades, coa titora .Nós non sabiamos que ía vir un fotógrafo. -¡Quedamos sorprendidos!
Puxémosnos moi nerviosos por se estábamos guapos , ven peiteados …
Fixemos as fotos e cando acabamos querIamos vernos na cámara de fotos .
Temos detrás os nosos traballos .E que máis dá , pensaredes vós , pero para nós é moi importante , porque para ao ano cando non esteamos no colexio e entremos neste blog veremos a foto e nos acordaremos dos compañeiros/as da clase , dos profesores/as , en xeral do colexio.
Alumnado 6º curso

Xornadas Bibliotecas Escolares


O día 23 e 24 de Outubro celebráronse en Santiago as "Xornadas de Bibliotecas Escolares" 2009.
Conferencias
."Internet: 3 , Escola: 1. Como axudar a aprender a ler aos nativos dixitais".
Daniel Cassany
Os mozos e mozas - nativos dixitais - len e escriben de maneiras diferentes a como o facemos os inmigrantes dixitais,os nacidos antes do 93.
A Biblioteca Escolar debe ter en conta estes cambios profundos para axudar a preparar o futuro alfabetizado destes cidadáns.
. "Competencia lectora e aprendizaxe.O Proxecto Lector do Centro"
Luis Iza Dorronsoro
O proxecto Lector de Centro constitúe un instrumento dinámico que incorpora todas as actividades que no centro educativo se desenvolven para lograr ese obxectivo.Permite unha planificación rigorosa e sistemática do ensino da lectura,á vez que inclúe as condicións e actuacións precisas para o impulso do hábito lector.
. "Escola e literatura:a educación do imaxinario"
Guadalupe Jover
Crear ámbitos lectores e deseñar itinerarios axeitados a cada contexto escolar son dúas tarefas ineludibles.A escola pode axudar a desactivar resistencias e debe ofrecer,ademais,certo mapa da cultura.
. "Alfabetizar na cultura dixital"
Tíscar Lara
A irrupción da tecnoloxía dixital,asociada á conexión de dispositivos móbiles multimedia e o desenvolvemento das redes telemáticas xeraron novas formas de acceder,construír e comunicar o coñecemento.
. "A biblioteca escolar,un recurso educativo útil:o desenvolvemento de entornos presenciais de aprendizaxe e lectura".
Gloria Durban
Unha biblioteca nunha escola debe facilitar a calidade da acción docente e a consecución do currículo promovendo a realización in situ de intervencións didácticas concretas.
. Mesa: Prácticas de lectura en centros educativos.
Nesta mesa falouse de:
. Proxectos lectores en desenvolvemento
. Clubs de lectura
. Hora de ler
Expostas por compañeiras de CEIP e IES de diferentes lugares de Galicia.
Parabéns para todos e todas polas súas magníficas exposicións e tamén para os organizadores.
Remataron estas xornadas co actor Carlos Blanco que nos fixo pasar un rato moi divertido.
Ata o vindeiro ano.!

Actividades "Día da Biblioteca"

E.Infantil



1º Ciclo de Primaria











2º Ciclo de Primaria





3º Ciclo de Primaria













Actividades
E.Infantil
- Un paseo pola Biblioteca
- Poesías e Rimas
1ºCiclo de Primaria
- O vestido dos libros
- Recoñecemos un libro
2º Ciclo de Primaria
- Somos libros
3º Ciclo de Primaria
- Un libro noutro

22/10/09

Biblioteca Municipal


Conto de Ramón Caride, musicado por Servando Barreiro.
Nenos e nenas non faltedes a esta actividade.
Recordade que será o luns, ás 5 da tarde, na Biblioteca Municipal de Baiona.
Pasarédelo moi ben!.

17/10/09

Día da Biblioteca

24 de Outubro

Actividades para celebrar o "Día da Biblioteca".



E.Infantil

-Un paseo pola Biblioteca

-Poesías e rimas



1º Ciclo

-O vestido dos libros

-Recoñecemos un libro



2º Ciclo

-Somos libros



3º Ciclo

-Busca un libro noutro


ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ que traspasa todos os muros, unha luz que se fai máis intensa cando medran as persoas que a incorporan ás súas vidas. As mesmas persoas que logo, ao saíren por rúas e prazas, levarán canda elas o reflexo desa luz, a semente dese mundo novo que algún día faremos agromar. Un mundo máis solidario, máis plural, máis culto, máis xusto. Un mundo onde non se escoite a voz adormecedora dos poderosos, senón as palabras múltiples e diversas de todas as persoas que habitamos esta casa común que é o noso planeta.

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

Agustín Fernández Paz

Lemos na praia

video

10/10/09

O noso proxecto

O proxecto do noso centro este ano será :¨A MAR DE HISTORIAS¨

Motivamos aos nenos/as proxectando a película "En busca de Nemo"


Decidimos ler para o primeiro trimestre os seguintes libros:



E.Infantil





"Pirata Metepata" de Toño Núñez





1º Ciclo de Primaria





"O coelliño na beiramar" de Ramón Caride





2º Ciclo de Primaria





"O cabo da Serpe" de Ramón Caride"





3º Ciclo de Primaria





"A negrura no mar" de Ramón Caride"





Despois de ler,cada Ciclo os libros correspondentes, elaborarán un traballo e ilustrarán un mural sobre ditos libros.

No 2º trimestre investigaremos sobre o mar.

No 3º trimestre coñeceremos a importancia que tivo o mar para Baiona.

Lendo en familia



Organizadas polo Espazo Lectura de Gondomar.
Preme nas imaxes