24/6/09

Festa final de curso



O día 22 de xuño celebramos a festa final de curso.
Primeiro o alumnado viu a película "Charlie e a fábrica de chocolate"e participaron en xogos cooperativos no patio.
Logo as nais da ANPA preparáronlle unha merenda e por último o alumnado de 6º de E.Primaria bailaron a "Danza das espadas" adicada este ano o equipo directivo sainte.
Felices vacacións.
Ata o vindeiro curso!.

20/6/09

Compañía de teatro ANPA


Un ano máis,a compañía de teatro ANPA,representou para toda a Comunidade Educativa a obra de teatro "O segredo de Daniel".
Trata dun neno de oito anos,Daniel,que vivirá unha aventura apaixonante a través da lectura do libro "HALLIC,O HOME-NENO".

Regreso das mochilas







As mochilas viaxeiras regresaron ao colexio cheas de traballos preciosos e comentarios que nos encantaron sobre os libros que ían dentro.
Felicitamos a tódalas familias por adicarlle un rato do seu tempo a ler cos seus fillos/as, e polos marabillosos comentarios que nos fixeron chegar a través das mochilas,sobre o importante que lles pareceu esta actividade.
Todos coincidiron en dicirnos que pasaron ratos moi bos lendo todos en familia.
Ata o vindeiro curso!.

18/6/09

Cartel-Lema sobre a lectura


Estes traballos foron realizados polo alumnado coas súas familias.
Grazas ás familias pola súa colaboración.
Noraboa por ser tan creativos.

Lecturas para o verán




Preme nas imaxes

17/6/09

Saída á Biblioteca e ao Chiqui-Park


O día 15 de Xuño saímos de excursión a Baiona.
Primeiro fomos á Biblioteca a ver libros de moitas cousas e a escoitar o conto do "Lobo feroz","Xan e Perillán","A avestruz Mari Luz","O galo Kirico"e "Paco Papán".
Ao rematar fomos camiñando polo casco vello de Baiona ata chegar ao Chiqui-Park.
Alí estivemos xogando na piscina de pelotas,nos tobogáns,nas colchonetas...Tamén tomamos unha pequena merendola e despois dun anaco xa voltamos ao cole...
Que divertido foi o día!!!

12/6/09

Coñecemos pintores



Os nenos/as de 2ºcurso de E.Primaria ao longo do todo o curso coñeceron moitos pintores e ilustraron algúns dos seus cadros.
Pensaron,inventaron historias e poemas sobre os cadros deses pintores.

10/6/09

Visítanos Caíno


Caíno visitou o noso colexio o 6 de Xuño para falarnos da súa pintura.
Os nenos/as de 2ºe 3º Ciclo de E.Primaria fixéronlle moitas preguntas sobre a súa vida e sobre os seus cadros.
O alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria estivo a traballar,ao longo de todo o curso,no proxecto "Xogar a pensar coa arte".
Coñeceron moitos pintores e tamén o pintor baionés,Caíno,o que lle fixeron moitas preguntas.
Foi un día moi especial para eles.
Grazas,Caíno,por compartir un día con nós e polo teu agasallo;o cadro,"Unha nena",gustounos moito.

Xogar a pensar coa arte

7/6/09

Premios Xerais 2009

A xornalista Rosa Aneiros foi a gañadora do Premio Xerais de novela 2009 con "Sol de inverno".
A autora colabora en distintos medios de comunicación impresos e dixitais.
Tamén se fixo co Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil con "Ás de bolboreta".
Jacobo Fernández gañou o Premio Merlín de literatura 2009,con "Mil cousas poden pasar.LibroI".
O fallo do xurado deuse a coñecer na Illa de San Simón nun acto literario-musical.
Recollido do Xornal.com

Visita ao IES 1º de Marzo

Este 4 de Xuño,os alumnos/as de 6º nivel visitaron o IES 1º de Marzo xunto co alumnado de 6º de Oia e Sabarís.
Viron as distintas instalacións e os traballos que nelas se estaban a realizar.
Finalmente asistiron á representación dunha obra teatral curta,pero moi emotiva.
Agora xa coñecen mellor o Centro no que van a estudiar o vindeiro curso.