27/12/09

Festa de Nadal


O día 22 de Decembro,celebramos ás dez da mañá,a festa de Nadal coa asistencia das familias do noso alumnado e de moitos nenos/as que estiveron o ano pasado no noso colexio.
Pasamos un bo rato coas actuacións que preparamos por niveis,coa compañía de teatro ANPA e con Papá Nöel que chegou ao colexio para recoller tódalas cartas que lle escribiron os nenos/as.
Feliz Nadal para todos/as e ata o vindeiro ano.

19/12/09

Belén con sabor a mar










Unha das tradicións máis arraigadas do Nadal é o Belén. Aproveitando esta circunstancia e o proxecto de “O mar de historias” que se esta traballando no noso colexio construímos un belén que relaciona os dous conceptos. Ademais realizouse con material de desfeito para facer reflexionar aos alumnos/as sobre o importante que é a reutilización de materiais e a posterior reciclaxe dos mesmos, e tamén sobre o innecesario do consumismo compulsivo que se dá en datas como estas. Para rematar esta experiencia ten como obxectivo que os/as alumnos/as valoren o traballo individual que o achegalo o conxunto convértese nunha parte importante do mesmo pero que á súa vez non tería sentido sen o dos demais .

17/12/09

Invitación

Preme na imaxe

Programa

Preme na imaxe

Información

Preme na imaxe

Nadal mariño

Libro con encanto

Padres brillantes,maestros fascinantes

La educación de nuestros sueños es formar jóvenes felices e inteligentes. Este libro va a cambiar tu visión sobre cómo educar en la excelencia
Formar niños y adolescentes sociables, felices, libres y emprendedores es un hermoso desafío hoy en día. La soledad nunca ha sido tan intensa: los padres esconden sus sentimientos a los hijos, los hijos esconden sus lágrimas a los padres, los maestros se ocultan detrás de las tizas.
El estrés y la ansiedad son parte de la rutina de jóvenes y adultos. La producción de conocimiento se ha multiplicado, pero no se forma a las nuevas generaciones para pensar, sino para repetir información.
La educación atraviesa una crisis sin precedentes en todo el mundo. ¿Hay esperanza? ¡Sí! En este libro el psiquiatra y científico Augusto Cury expone la necesidad de cultivar la emoción y expandir la inteligencia de los jóvenes. Y, para eso, padres y maestros precisan de herramientas para estimular a los niños y adolescentes.
Augusto Curry dice:
Queridos padres y maestros, el tiempo puede pasar y distanciarnos, pero jamás olvidéis que nadie muere cuando vive en el corazón de alguien. Llevaremos durante toda nuestra historia un pedazo de vuestro ser en el nuestro.

Correo escolar

1º de E. Primaria
2º de E. Primaria

Delfina, profesora do CEIP Humberto Juanes de Nigrán, propúxonos esta actividade que nos pareceu moi interesante.
Os colexios participantes somos:
- CEIP. Humberto Juanes de Nigrán
- CEIP. Carlos Casares de Nigrán
- CEIP. Belesar de Baiona
- CEIP. Sabarís de Baiona
- CEIP. Fontes-Baíña de Baiona
O noso colexio vai manter correspondencia cos nenos/as do 1º Ciclo de E. Primaria de Belesar.
As actividades a realizar ao longo de todo o curso son as seguintes:
- Nadal
. 1º de E. Primaria
Realizarán unha carta alusiva ao Nadal na que irá unha foto do grupo facendo unha presentación de cada neno/a
. 2º de E.Primaria
Realizarán unha postal de Nadal para cada neno/a e unha foto do grupo facendo unha presentación.
As seguintes actividades a realizar están por determinar e serán:
- Día da Paz
- Día do libro
- Saída-convivencia, que se realizará no mes de Maio.

13/12/09

Lecturas Nadal











Preme nas imaxes

Visita dun escritor e dun ilustrador


O día 10 de Decembro,o escritor Ramón Caride tivo un encontro cos nenos e nenas do 1º e 2º Ciclo de E.Primaria.
Faloulles da súa vida e contoulles un conto aos máis pequenos.
Ao alumnado do 2º Ciclo faloulles de que o contido do libro "O cabo da Serpe"estaba relacionado co afundimento, hai anos,do"Prestige"e dalgunhas curiosidades que lle xurdiron mentres o escribía. Logo, contoulles o conto "O tareco de Sara"e explicoulles como coa palabra tareco,que él conservaba desde moi pequeno podíase escribir un conto para nenos e nenas.
A continuación o alumnado fíxolle preguntas e firmoulles o libro.
O ilustrador Eduardo Baamonde,contoulles ao alumnado como fixera os debuxos do conto "O cabo da Serpe".
Tamén lles falou do que representaban e preguntoulles se lles gustaran.
Ensinou aos nenos e nenas na pizarra como partindo dun cadrado,círculo,rectángulo... podían aprender a debuxar.
Logo, para desenrolar a súa imaxinación mandou debuxar a algúns nenos/as o que se lles ocorría na pizarra, mentres él os orientaba e axudaba a rematar o debuxo.
Rematou contestando ás preguntas e firmando os libros que ilustrara.
Todo o alumnado pasou un rato moi agradable.
Grazas aos dous pola súa visita.
A Ramón Caride esperámolo outra vez en Xaneiro para ter outro encontro co alumnado do 3º Ciclo de Primaria.

12/12/09

Xoguetes non sexistas



O alumnado do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, divertíronse moito o pasado11 de Decembro recibindo "xoguetes ao revés". Según os seus criterios os nenos recibían xoguetes de nenas e as nenas de nenos.Case se convenceron ao final de que o máis importante non é o camión ou a boneca, nin o rosa ou o azul, ni tan sequera o neno ou a nena. O máis importante é divertirse moito con calquera xoguete e ser moi felices.
Todo o alumnado recibiu un agasallo das dúas axentes de igualdade que nos acompañaron e crearon co alumnado xoguetes utilizando materiais de desfeito.Grazas.

Xoguetes que me diferencien,non grazas.


O pasado xoves (10 de Decembro) as familias deste colexio, imaxinamos que por motivos diversos, non asistiron á charla "XOGUETES QUE ME DIFERENCIEN, NON GRAZAS".Unha pena porque se perderon o segredo de por qué o xoguete sexista, ademais de non ser nada educativo, é negativo para o desenvolvemento dos nenos e nenas, fomenta un reparto discriminatorio dos papeis sociais etc.
Esperamos que as próximas charlas,se se celebran, conten coa asistencia de alguén e sexan do agrado da maioría.
Podedes darnos algunha pista.Grazas.

O robot submarino



O día 9,o alumnado de sexto e quinto do noso centro fomos,cos outros colexios de Baiona ó Club de Iates,para recibir o submarino que cruzou o Atlántico en busca de información científica.Había autoridades norteamericanas e españolas,algúns falaron da importancia deste feito.
Un alumno de sexto do noso colexio,Cristian,leu unha carta que chegaba no submarino e outro,Javier,entregou tódalas cartas que escribimos nós mesmos.
Finalizou o acto facéndonos unha foto todos os rapaces e rapazas co submarino.

10/12/09

Visítannos tres xogadoras do Celta







O pasado día 3 de Decembro,recibimos a visita no colexio de Fontes de tres xogadoras do Celta indepo de baloncesto da división de honra feminina.
Falaron cos nenos/as dos beneficios da práctica saudable do deporte e do baloncesto en concreto.
Ao remate,os nenos/as fixeron preguntas ás tres xogadoras.Por certo se chamaban:Blanca,Agle e Noemí.
Rematamos cun sorteo de diversos premios:balóns,entradas para partidos e camisetas.Firmaron moitos autógrafos.
Todos os nenos/as quedaron encantados con esta visita.