28/2/11

Entroido


Peliqueiros de Laza

Os cigarróns de Verín

Madames e Galáns de Cobres

Felos de Maceda

Boteiros de Viana

Os xenerales de Ulla

As pantallas de Xinzo

1.Aínda que non se coñece con exactitude,estímase que o entroido naceu moitos anos A.C.,cando os campesiños,durante o verán reuníanse arredor dunha fogueira para agradecer a fertilidade do chan e protexer as colleitas dos malos espíritus.Para esta celebración,os homes decoraban os seus corpos con pinturas e tapaban os seus rostros.
2.A primeira festa do entroido ocorriu en Exipto.Durante esa celebración un grupo de persoas reuníase nas rúas para bailar e cantar.Todos usaban máscaras e vestían disfraces que lles permitían ocultar á clase social a que pertencían.
3.Os antigos romanos celebraban o comezo da primavera.Esta festa bautizouse como Carrus Navalis xa que durante o seu transcurso,Baco,o deus do viño,pasaba polas rúas enriba dun barco con rodas.Durante este festexo a xente bailaba e divertíase arredor do barco.
4.Posteriormente a festa do entroido chega ata Venecia,Italia,e dende esa cidade estendeuse rápidamente a outros países do mundo.Desde entón,esta celebración desenrólase nos días anteriores a cuaresma cristiana.
5.En España,na época dos Reis Católicos era costume disfrazarse para facer bromas en lugares públicos,pero no ano 1523 Carlos I prohibiu as máscaras,xa que consideraba que o seu uso atentaba contra as medidas de seguridade e a identificación das persoas.Felipe II seguiu o seu exemplo e posteriormente Felipe IV restaurou o costume da festa e do uso das máscaras.
6.Na actualidade,o entroido celébrase na maioría dos países do mundo.Son famosos os de Brasil,
Venecia,Tenerife,Cádiz e en Galicia,os de Ourense.
Revista Maestra de Primaria.

No hay comentarios: