29/1/10

Pescamos palabras bonitas

,
O venres día 29 de Xaneiro,despois do recreo celebramos "O Día da Paz".
Recitaron por clases o "Dicionario da Paz" que escribiu e ilustrou todo o alumnado.
Tamén contestaron a estas preguntas:
. Que é a Paz?
. Quen constrúe a Paz?
. Como construir a Paz?
. Estar en Paz quere dicir que non podemos discutir nunca?
. Por que é importante a Paz?
Preguntas que recollemos do caderno de Educación en Valores "Que viva a Paz".
Rematamos co conto "A árbore da palabra" contado polo alumnado de 5º e rapeando un poema da Paz, inventado por un grupo de alumnos de 6º.
Non debemos esquecer que "A Paz comeza por cada un de nós"

Dicionario da Paz


Libro realizado por todo o alumnado.
Cada clase traballou catro palabras relacionadas coa Paz e logo ilustrounas para facer este libro.
Preme na imaxe

26/1/10

Le connosco II




Ler para pensar

Hoxe comezamos as II xornadas de "Le connosco".
A primeira nai que veu a lerlle un conto ao alumnado foi, Mª del Carmen Marcos Armesto.
O libro que leu foi, "Me llamo Paz".
Á Biblioteca acudiron moitos nenos e nenas e gustoulles moito o conto que escoitaron sobre a Paz.
Grazas a todos e todas por colaborar con nós.

20/1/10

O barco dos desexos



Estes traballos foron realizados polos nenos/as de 1º Ciclo de Primaria coas súas familias.
Os seus desexos foron:
-Que os nenos/as non pasen fame.
-Que todos teñan unha casa.
-Que tódolos nenos/as teñan xoguetes.
-Felicidade no mundo.
-Que todos/as sexamos máis felices.
-Ter moitos amigos/as.
-Que os nenos/as non teñan que chorar.
-Amor e Paz no mundo.

18/1/10

Le connosco


Preme na imaxe

Visita "Moncho Caride"



O venres,día 15 o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria,estivemos con Moncho Caride en Usos Múltiples.Falounos sobre o seu libro,"A negrura do mar" ,que nós lemos o trimestre pasado.
Fixémoslle moitas preguntas,en que se inspirou para facer o libro,si existía Covelo...
Gustounos moito ó igual co libro.
Grazas por todo,Moncho,esperamos que volvas.

15/1/10

Un contacontos especial


A filla de Ramón Caride,acompañou ao seu pai para contarnos uns contos moi bonitos que ela preparou para os nenos/as de E.Infantil e 1º de E.Primaria.
Gustáronlles moito e pedíronlle que volvese outra vez.
Esperámoste Sara!