8/2/11
Celebramos o Día da Paz
"Cóntame contos que falen de Paz"
Este ano,estamos a traballar no 2º trimestre,"Os contos".
Entón,decidimos poñer slogans sobre a paz aos personaxes dos nosos contos.
Os slogans foron:
- Ser valente en situacións difíciles.
- Apoiar o que pida axuda.
- Denunciar as inxusticias.
- Amar é preocuparse por outros.
- Os ollos están cegos.Hai que buscar co corazón amor.
- Soamente se ve ben co corazón.
- A paz comeza cun sorriso.
- A paz comeza por cada un de Nós.
- A paz é ser amigo de todos/as.
O alumnado de 6º tamén buscou información sobre algúns pacifistas.
. Nelson Mandela:
"A educación é a arma máis poderosa que poden usar para cambiar o mundo".
. Martín Luther-King:
"Teño un sono,un só soño,
seguir soñando
Soñar co liberdade
Soñar con xustiza
Soñar con igualdade
e oxalá xa non tivera a necesidade de soñalo"
. Mahatma Gandhi :
"Non hai camiño para a paz,a paz é o camiño"
. Rigoberta Menchu:
"A paz non é soamente ausencia de guerras,mentres haxa pobreza,racismo,discriminación e exclusión dificilmente poderemos alcanzar un mundo de paz"
Así nos quedou a nosa paisaxe cos personaxes dos contos desexando paz.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario