11/2/11

Os peques len


Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.




Na hora do recreo,a alumna de 2º curso, Ángela Rodríguez, leu para o alumnado do 1º Ciclo de Primaria o conto "Coas mans baleiras".
Tódolos venres, na hora de ler, facemos esta actividade que lles gusta moito.
Noraboa a Ángela, porque leu moi ben aos seus compañeiros/as.

No hay comentarios: