25/4/13

Actividades Letras Galegas






















Preme nas imaxes para coñecer a Roberto Vidal Bolaño.

Contos no patio


Contos no patio - presentacion imagenes

Festexamos o Día do Libro escoitando contos no patio.
Fixemos sete grupos con nenos/as dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria.
Eleximos dous nenos/as de cada clase para ler en cada grupo e todo o alumnado foi pasando polos diferentes grupos para escoitar os contos.
Léronse os seguintes contos:

- O coelliño branco
- A sopa queima
- A que sabe a lúa?
- Miguel y Williams
- A bruxa regañadentes
- Todo es para bien
- O homiño de papel

22/4/13

Día do Libro



Feliz Día do Libro

Actividades:

- Lecturas no patio
- Ilustrar o poema de Pat Mora
- Entrega de libretas viaxeiras
- Buscar información de autores/as de libros de poesía
- Entrega de marcapáxinas 

2/4/13

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil



Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil 2013


Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.



Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidos. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos, ti e eu, dando ser voltas e ser voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.


Poema de Pat Mora
Traducido pola autora
.



Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor/a representativo e a un recoñecido ilustrador/a do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo, e promóvase a celebración nas bibliotecas, centros escolares, librarías, etc. Este ano a mensaxe é un poema de Pat Mora.

Acto "Día da Poesía"


O alumnado dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria recitou poemas de diferentes autores para festexar o "Día da Poesía".

Ilustramos poemas

Poemas ilustrados e algúns inventados polos nenos/as.