31/5/10

Viaxe ao Grove


O día 27 de maio,fomos todo o colexio ao Grove para ver o acuario e realizar varios obradoiros sobre o noso proxecto "A mar de historias".
Pola mañá os nenos/as de 1º,2ºe 3º estivemos no obradoiro de "Artes e oficios mariñeiros".
Visitamos unha fábrica de salgazón,coñecemos ferramentas para construir barcos e ata fixemos nós.
O grupo formado por 4º,5º e 6º estivemos no obradoiro de "Marisqueo",incluso chegamos a marisquear.
O alumnado de E.Infantil fomos ao acuario e vimos moitos peixes.
Máis tarde fomos a lonxa en grupos onde se nos explicou o proceso das ameixas e croques,desde que chegan ata a puxa.
Comemos nun monte e pola tarde visitamos todos/as o acuario, agás E.Infantil que estivo no obradoiro "A pesca" e aprendeu a coidar o mar e a praia.
Todos/as estivemos acompañados por varios monitores/as que nos explicaron todo moi ben e nos axudaron a realizar un caderno de actividades.
Grazas a todos eles.

Foi moi divertido e interesante!!!.

28/5/10

Un conto con encanto

Menuda sorpresa!!! Hoxe na hora do recreo,chegou Sandra a contarnos o conto "O poliño da abeleira" coa técnica kamishibai. Un traballo fantástico que preparou Sandra para o noso alumnado. Todos/as quedamos encantados. Parabéns Sandra por este conto tan fantástico co que nos agasallaches.

19/5/10

Exposición de libros







Durante varios días,na parte baixa do Centro temos unha exposición coas últimas novidades,cedidas por varias editoriais,para que o alumnado poda disfrutar dos libros e mercar algún si está interesado.

Ruta Xacobea da costa


O xoves 13 de Maio,os alumnos/as de 4º,5º e 6º fomos a facer o tramo do Camiño de Santiago correspondente ao municipio de Baiona,desde Baredo ata A Ramallosa.
Explicáronnos que este tramo é chamado Camiño da Costa,por onde ían os peregrinos de Portugal a Santiago de Compostela.
No núcleo de Baiona observamos a igrexa de Santa Liberata e o antigo hospital,agora sede da Biblioteca Municipal.Paramos na praza do Concello onde nos deron unha bolsa con merenda.
Despois,seguindo o camiño,pasamos polo cruceiro da Santísima Trinidade,continuamos polo paseo fluvial de Baíña ao Burgo,Fonte do Pombal,Sabarís e rematamos na Ponte Románica de A Ramallosa,sobre o río Miñor.
Foi unha mañá moi entretida.

15/5/10

Rapeiros de 6º

Festa das Letras Galegas


Co gallo do "Día das Letras Galegas",na sala de usos múltiples celebramos un acto para recordar a Uxío Novoneyra.
O programa foi o seguinte:
.O alumnado de 6º presentounos a biografía de Novoneyra,que eles realizaron en cómics
.Os alumnos/as de 5º recitaron a "Letanía de Galicia".
.O alumnado de 2ºCiclo contáronnos o conto "Ilda,o corzo,o lobo e o xabarín" e recitaron dous poemas:
-Fontiña de caracol
-CHove na casa do probe
.Os nenos/as do 1º Ciclo recitaron sete poemas con instrumentos do libro "Os eidos".
Para rematar os rapeiros de 6º interpretaron un rap sobre as "Letras Galegas" composto por eles mesmos.
Fixérono todo xenial.
Parabéns para todos/as.

14/5/10

Palabras fermosas da Nosa Lingua


O Equipo de Biblioteca propúxolle a todo o alumnado desde E.Infantil ata 6º de E.Primaria, que elexira a palabra máis fermosa da nosa lingua e que a ilustrara de forma creativa.
Estas son as súas palabras.
A verdade é que tiveron moita imaxinación.
Fantásticas!!!.

Agasallo ao noso blog


Acabamos de recibir este bonito agasallo do CEIP.Belesar.
Moitas grazas por recordarvos de nós.
Se premes na imaxe verás o seu bonito e creativo blog.
O logotipo é o de "Vale a pena ficar de ollo ese blog".
Para seguir este xogo de agasallos só hai dúas regras:facer un enlace ao blog que che otorgou esta distinción,e elexir 10 blogs que merezcan para nós esta distinción.
Nos mencionamos a:
O recanto de Mik
Raioteca
Bibliorey
Bibliocóntame
Bibliotics
Un rato na biblioteca
Cadernos de Vide
Bemilladoiro
Bibliotecadocole
Frian-Teis

12/5/10

Un conto de medo




Ana na hora do recreo veu a contarlle ao alumnado un conto de medo.
Da gusto ver a cantidade de nenos e nenas que acuden a escoitar contos.
Grazas Ana por contalo tan ben!.

7/5/10

Vida de Novoneyra


O alumnado de 6º de E.Primaria achegounos a vida de Novoneyra en cómic.
Estamos encantados por estas bonitas ilustracións e por este traballo no que tanto se esmeraron.
Parabéns para o alumnado de 6º.
Seguiremos contando con vós para próximas actividades.
Os máis pequenos van aprender moito co voso traballo!!!.

Uxío Novoneyra


A conmemoración das Letras Galegas naceu en 1963 a proposta de tres académicos,Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo, con ocasión do centenario dos "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro, primeira homenaxeada.

Conto de Uxío Novoneyra

LIM elaborado polo colexio CEIP Frian - Teis e que nós recollemos para traballar co noso alumnado.
O conto e as actividades gustáronlle moito aos nosos nenos/as.
Ilda
Preme

2/5/10

El niño colchón





O 28 de Abril,os nenos/as de 2º Ciclo fomos de excursión a Vigo.Primeiro fomos ao Centro Cultural Caixanova a ver a obra de teatro "El niño colchón",representada pola compañía madrleña UROC TEATRO.
Foi unha obra moi bonita.Representaba un dos maiores medos a que se enfrentan os nenos/as de hoxe en día.Teñen medo á separación dos seus pais.
Era unha obra emocionante,un tema de actualidade con moito humor e cancións en directo.
Pretendíanos ensinar que os pais teñen que ter antes e despois da súa separación unha boa comunicación entre eles e os seus fillos.
Logo terminamos xogando no parque infantil de Samil e pasámolo moi ben.