25/2/11

Festa da Arribada



Este libro realizouse coa colaboración das familias no curso 2008 - 2009 e agora atópase na nosa Biblioteca.
Queremos que o noso alumnado o coñeza para que entenda o motivo da Festa da Arribada.
O día 16 de Xaneiro de 1493, as carabelas Pinta e Niña, ao mando de Martín Alonso Pinzón e Cristóbal Colón abandonaron as terras descubertas e retornaron a España.
A Pinta chegou a Baiona o día 1 de Marzo de 1493 e dende aquí partiron uns mensaxeiros para dar a coñecer aos Reis Católicos o descubrimento de América.
Para conmemorar que Baiona foi a primeira poboación do vello continente en coñecer a existencia de América,celébrase a Festa Medieval onde podemos ver:mercado medieval, damas e cabaleiros, romanceiros, torneos, tiro con arco, concertos...

No hay comentarios: