29/4/09

Exposición "Un libro,un amigo"





Un libro,un agasallo








Os libros divirten












Que bonitos!















Os libros ilusionan







Cos libros pasamos
ratos moi
divertidos.
Un ano máis inauguramos a exposición "Un libro,un amigo".
Pedimos a diferentes editoriais,que nos manden as últimas novidades, para que os nenos/as vexan os libros,elixan os que máis lles gustan e lean os máis atractivos.
Cando chega esta época están todos entusiasmados,porque moitos levarán para as súas casas os preferidos.
Esta exposición estará aberta ata o 18 de Maio

Traballo en familia



Os nenos/as de 2º de E. Primaria "O Día do Libro" levaron para as súas casas "A libreta máxica".

Tiveron que debuxar o libro que lles gustaría ter na biblioteca da súa casa.

Estes foron os seus traballos.

24/4/09

Acto no Día do Libro

video
Para conmemorar o "Día do Libro",os nenos/as leron por ciclos a biografía do autor e o resumo do libro que estiveron a traballar no proxecto lector.
Logo seguindo coa actividade "Le connosco",o profesor José Luis,a nai dun alumno,Sandra e a alumna de sexto de primaria,Olaya, leron o conto "Ernesto bo día".
Grazas por deleitarnos con ese bonito conto que nos fala de amor e por interpretalo tan ben.
Tamén felicitamos ao alumnado,porque leron tan ben para todos nós.
Moitas felicidades para todos.

Traballos do alumnado


Estes traballos foron realizados polos nenos/as para festexar o "Día do Libro".

Ilusión polos libros

Tinta e celuloide

video
Traballos realizados polo alumnado,despois de ler os libros e ver as respectivas películas.

Viaxa con nós

Moitas grazas a Bibliocóntame por facernos partícipes de esta bonita cadea de oito desexos.
Estes son os nosos:
1.Debuxar alegrías.
2.Soñar desperto.
3.Imaxinar ilusións.
4.Volver a ler o meu libro favorito.
5.Comezar cada día cun sonriso.
6.Viaxar lonxe coa mirada.
7.Escoitar cancións que me emocionan.
8.Vivir,vivir....
Nos convidamos aos seguintes blogs a que continúen esta cadea.
.Cadernos de Vide
.O recanto de Mik
.Golfiños de Aguiño
.A biblioteca de libruxa
.Sereas sen cadeas

18/4/09

Programa "Semana do Libro"

Preme na imaxe

O pequeno libro

¿Qué ocurre cuando pasa el tiempo y un pequeño libro no crece? Nuestro protagonista no levanta del suelo más que un «érase una vez» y un «fin», y la persecución del misterio de su existencia le hará salir de las estanterías nobles de la biblioteca en busca de quien todo lo sabe: la enciclopedia. Estantes inaccesibles y polvorientos, libros poblados de signos extraños y que hablan con mil voces, el dolor y el olvido, la solidaridad y la aventura conducirán a la asombrosa respuesta.
Libro a partir de 8 anos.
Gusta tanto a maiores como aos màis pequenos.

Bonita sorpresa

Preme na imaxe Este mes,a revista "Maestra de Primaria" publicounos unha saída que fixemos o curso pasado,os nenos/as de 1º Ciclo de Primaria, na Semana Cultural que realizamos no colexio no mes de maio.

16/4/09

Bonito agasallo


O blog "Aprendemos todos xuntos" deunos o premio "Olha que blog Maneiro!"que significa "Mira que blog tan creativo,tan bonito...
Moi agradecidos por este agasallo tan especial e que nos fixo tanta ilusión.
Moitísimas grazas!!!
Normas do blog:
.Exhibir a imaxe do premio "Olha que blog Maneiro!"
.Poñer o nome do blog que che o deu.
.Indicar os teus 10 blogs.
.Avisar aos indicados.
.Publicar as regras.
.Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.
Pasamos o premio:

Un agasallo moi especial

Dende o blog "O Recanto de Mik" tan creativo e tan visitado por nós,recibimos este precioso agasallo "O selo violeta" para o noso blog.
Moitísimas grazas por este agasallo tan especial Mik.
Moi agradecidos!!!
Menuda ilusión!

Regras
. Exhibir o selo violeta no seu blog coas regras.
. Indicar cantos blogs consideras que merecen este selo.
. Avisar aos indicados,non te esquezas de iso!
. Escribir dous poderes máxicos que xa imaxinaches ter.

Os blogs elexidos son:
. O Recanto de Mik.
. Aprendemos todos xuntos
. Bibliocóntame
. A biblioteca do rato
. Bibliobelesar
A quen non lle gustaría ter poderes?
Creo que nos viría ben o do "Homiño de papel" para lavar tódalas cousas que nos entristecen e o de "Mary Poppins" sacando do bolso cousas boas para todos/as.



3/4/09

Plantación floral

Aproveitando a chegada da primavera,estamos realizando unha plantación arredor do colexio co obxecto de poñelo máis bonito. As plantas foron un agasallo da ANPA,que tamén nos axudou na plantación,e do colexio.Para elo trouxemos,algunha ferramenta da casa,como paus ou rastrelos de praia. Aquí nos tedes plantando.
video

O tren da lingua

video
Rematou a viaxe no tren e agora toca traballar.
Os nenos/as de 1º farán debuxos sobre a viaxe e os de 2º un traballo de Educación documental sobre o tren.