16/6/14

Lecturas verán

"Os libros son amigos que nunca decepcionan" Thomas Carlyle

1ª Xornadas de Teatro Escolar


Xornadas de Teatro - Movie Maker

Preme na imaxe

Os alumnos/as de Fontes - Baíña e Belesar participaron na 1ª Xornadas de Teatro Escolar en Baiona coa representación das obras " Hai un gato pechado na caixa de Torcuato?" escrita polos membros da Asociación Cultural Garola e Microteatro (CEIP Fontes - Baíña).
"Historia e cronoloxía de 25 anos" (CEIP Belesar)
O alumnado representou estas obras no Auditorio V Centenario.
Pola mañá, para os alumnos/as dos centros escolares do concello.
Pola tarde, para os pais e nais da comunidade escolar.
Noraboa para todos os participantes.




Preme na imaxe para coñecer o autor da obra "Hai un gato pechado na caixa de Torcuato"?



8/6/14

PremiosXerais




Os gañadores dos premios xerais 2014 foron:
- María Reimondez coa novela "Dende o coflito"
- Ledicia Costas,premio Merlín de literatura infantil por "Escarlatina.A cociñeira difunta"
- Eduardo Santiago,premio Julio Verne de literatura xuvenil por "O Gran Reino"
Os premios falláronse o sábado,7 de Xuño,na illa de San Simón,en Redondela (Pontevedra).

5/6/14

Viaxe cultural


Viaxe Campo Lameiro - Movie Maker



O día 3 de Xuño fixemos unha viaxe cultural ao Parque Arqueolóxico Campo Lameiro para coñecer as manifestacións máis importantes da cultura da Idade de Bronce.
Visitamos o museo e fixemos un percorrido por un pequeño poboado e polos petroglifos.
Logo realizamos tres obradoiros:
- Do gran ao pan
   O alumnado de E.Infantil fixo pan.
- En busca da mensaxe perdida
   Os alumnos/as de 4º,5º e 6º tiveron que superar una serie de probas e xogos.
- Descubrindo os enigmas das pedras
  O alumnado de 1º,2º e 3º mediante calcos reproduciron petroglifos.
Un día moi divertido!!.