27/10/14

Acto Día da Biblioteca


Acto Biblioteca 2014 - Movie Maker

Celebramos o "Día da Biblioteca" proxectando tres películas.

- E.Infantil e 1º "Caillou astronauta"
- 2º,3º e 4º de E.Primaria "Space chimps"
- 5º e 6º de E.Primaria "Space buddies"

Así iniciamos o noso proxecto " O Universo"
A continuación entregáronse as mochilas viaxeiras,os diarios de lecturas,os libros viaxeiros e as libretas viaxeiras.


Contacontos


Contacontos silencio - Movie Maker


O alumnado de todo o colexio asistiu a un contacontos titulado "O guerreiro do silencio".
Ao rematar fixeron exercicios de atención e relaxación.
Esta actividade foi moi interesante e divertida para todos/as.

24/10/14

V Xornadas de Bibliotecas Escolares



O programa destas V Xornadas de  Bibliotecas Escolares de Galicia contará con experiencias moi variadas nas que a biblioteca ten un papel protagonista (lectura e alfabetizacións múltiples, traballo coas matemáticas, proxectos interdisciplinares), e coa presencia de expertos en áreas imprescindibles á hora de avanzar no campo das bibliotecas como a profesora Mónica Baró (referencia fundamental no ámbito das bibliotecas escolares desde a Facultade de Biblioteconomía e Documentación da Universitat de Barcelona). Pola súa parte, Javier Guallar  (profesor de documentación e de comunicación en varias universidades e editor da revista EPI, El profesional de la Información , co autor do libro "El content curator" e do blogue "Los content curators" ) introduciranos na "curación" de contidos nas bibliotecas. As xornadas iniciaranse coa conferencia do escritor Ricardo Gómez, autor de varios títulos de ficción e de divulgación nos que as matemáticas están moi presentes. Pechará estas V Xornadas o profesor da Universitat Autónoma de Barcelona, Jose Manuel Pérez Tornero, director do Gabinete de Comunicación e Educación nesta universidade, experto e consultor da UNESCO e da Unión Europea en materia de alfabetización informacional e mediática. Entre outras actividades, estas xornadas incluirán a presentación do informe do Consejo de Cooperación Bibliotecaria sobre "Prospectiva das bibliotecas 2020: As dez áreas que máis van cambiar nas nosas biblitoecas nos próximos anos".

Biblioteca Municipal

O luns 27 e o mércores 29 de outubro, na Biblioteca Pública realizaranse obradoiros creativos:Habelas hainas....que facer!!!!
A cargo de Bárbara Dopazo e Rosa Fernández
Público destinatario:Nenos de 3 a 9 anos
Con inscripción previa na biblioteca en horario de 9 a 14 horas e 16 a 20 horas
Por teléfono 986356878 ou na mesma biblioteca.
Prazas:30 nenos
Lugar:Sala infantil e xuvenil
Hora: De 17:00 a 19:00
Acudide,pasarédelo moi ben.

20/10/14

Samaín



Actividades Escola de Barciela





Web de Norberto. Preme nas imaxes





Recursos CEIP Pintor Laxeiro






Páxina Ana Martínez Rey






Páxina María Asunción García.Preme nas imaxes






Para colorear cabazas




15/10/14

Día da Biblioteca

O día 24 de outubro, celébrase o "Día da Biblioteca Escolar"




Preme na imaxe para coñecer bibliotecas impresionantes

Sin bibliotecas,qué nos quedaría?,no tendríamos ni futuro.
 Ray Bradbury

Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil

Una obra extremadamente original, con un brillante sentido del humor y un gran ritmo narrativo.
El texto, recreación de una época, está salpicado de referencias literarias e históricas.
Destaca por sus personajes sólidos y muy bien construidos, así como por la fina ironía de los juegos lingüísticos.


Diego Arboleda

"Cantarolas" de Neira Vilas

A obra de Neira Vilas preséntase en formato de libro-CD ao tratarse de poemas musicados polo compositor estradense Xosé Lueiro.
Conta con ilustracións de Xosé Vizoso en cada poema.
A publicación recolle 20 poemas cantados e dirixidos ao público infantil.

Contacontos na Biblioteca Municipal

O martes, 21 de outubro,ás seis da tarde,na Biblioteca Municipal de Baiona terá lugar un contacontos teatral.