19/1/11

Recursos Día da Paz


De forma simbólica, la historia ficticia ‘Puk y el muro’ invita al alumnado a caminar hacia una convivencia más pacífica y comprometida a través del análisis de situaciones de violencia e injusticia que impiden la construcción de un mundo más pacífico y justo. Finalmente, se invita al alumnado a imaginar soluciones para fomentar una “cultura de paz”.

Recursos para o Día da Paz

Lim para traballar a paz de Ana Martínez Rey

Xogo


Preme na imaxe
RECURSOS PARA UTILIZAR NAS AULAS - BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR


Preme na imaxe
Actividades interactivas elaboradas por Belén Junquera.



Preme nas imaxes para realizar as actividades.







Webquest para 2º e 3º Ciclo de E.Primaria.
Preme nas imaxes

18/1/11

O inverno


Poema
Tralos vidros
da xanela
cae a neve
sobre a terra.
Tralos vidros
da xanela
noites mouras
frías pedras.
Tralos vidros
da xanela
renxe tola
a cancela.
Tralos vidros
da xanela
os invernos
amarelan.



Sabías que...


.O ciclo das estacións está relacionado coa rotación da Terra arredor do Sol.
.Chove porque hai moita humidade no aire.
.A neve fórmase nas nubes a partir de pequenos cristais de xeo.
.Os
ciclóns son grandes turbillóns de auga quente.
.A néboa é vapor de auga en suspensión no aire.
.Un
tornado é un inmenso e violento remuiño de vento.
.O xeo fórmase cando a auga xea a 0ºC.
.O
foehn é un vento que sopra nos Alpes.

11/1/11

Sacapenas


Bieito sempre estaba preocupado.
Preocúpase polos sombreiros e polos zapatos. Preocúpanlle as nubes, a chuvia e os paxaros
xigantes. A súa avoa, cando era nena, tamén se preocupaba por todo,por iso ela sabe moi ben
como axudar ao seu neto.
Os bonecos “sacapenas” son o símbolo deste relato
que nos abre a porta a outra cultura. Dende hai moito
tempo os nenos de Guatemala fabrícanos con pauciños
e restos de teas e fíos; á hora de deitarse cóntanlles
unha preocupación e déixanos debaixo da almofada
para que, ao día seguinte, esperten sen inquedanzas.



O alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria,para rematar os contos de medo fixeron coas súas familias
o seu Sacapenas.
Lémoslle o libro e gustoulles moito.

7/1/11

Premio Nadal


Alicia Giménez Bartlett foi a gañadora do Premio Nadal 2011 coa súa obra "Donde nadie te encuentre".
A novela narra a historia dun psiquiatra e dun periodista que buscan unha bandoleira que se esconde nas montañas.
Está baseado no personaxe real de Teresa Plá Meseguer,unha maquis coñecida como "A Pastora".
Outras obras:
- El silencio de los claustros
- Muertos de papel
- Una habitación ajena
- Un barco cargado de arroz
- Días de amor y engaños
- Mensajeros de la oscuridad...

6/1/11

Neira Vilas



Memorias dun neno labrego,publicouse por primeira vez o día 5 de xaneiro de 1961 en Bos Aires,onde Neira Vilas se atopaba emigrado.
Cumpríronse 50 anos da súa publicación.
É o libro máis lido da historia da literatura galega e tamén o máis traducido.
O protagonista é Balbino,un neno de aldea,que se bate coa pobreza e inxustizas da sociedade galega.
Outros libros para nenos/as de Neira Vilas:
- Espantallo amigo.
- O cabaliño de buxo.
- A Marela Tarabela

4/1/11

Novidade


Sinopsis
Descubre por que O soldadiño de chumbo é un dos contos máis queridos de todos os tempos. Unha historia que vai máis aló do amor e que agora viaxa dende o cine á literatura para sorprendernos unha vez máis. Con este libro Galaxia inicia unha nova colección, Árborecinema, nun ambicioso proxecto que agora nace en colaboración con Continental Producciones e Algarabía Animación, quen se encargaron da realización dunha curtametraxe de animación que xa colleitou unha morea importante de premios en todo o mundo, ambientada no Museo do Xoguete de Allariz e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde seguindo a técnica do stop-motion con deseños de Alfonso Costa. Emilio Aragón puxo a música a este fermoso proxecto no que tamén colaboraron prestando as súas voces actores como Luis Piedrahita ou Manuel Manquiña.