28/2/10

A viaxe da Pinta



A viaxe da Pinta en catro treitos:
A.-De Palos a Canarias, do 3 ao 9 de Agosto do 1492.
B.-De Canarias ás Bahamas ou Lucaias, do 8 de Setembro ao 12 de Outubro do 1492.
C.-Das Bahamas a "La Española", pasando por Cuba , do 12 de Outubro do 1492 ao 16 de
Xaneiro do 1493.
D.-De "La Española", a Baiona, do 16 de Xaneiro ao 1 de Marzo do 1493.
Recollido do libro "Historia da Carabela Pinta".

Festa da Arribada


Baiona pasou á historia por ser o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do descubrimento do Novo Mundo (América).
Esto ocorría o 1º de Marzo de 1493,coa arribada da Carabela "La Pinta",capitaneada por Martín Alonso Pinzón e pilotada por Cristóbal García Sarmiento.
Coa tripulación chegaron os primeiros aboríxes ( a lenda narra que o pé da fortaleza está
enterrado o primeiro aborixe que morreu en Europa ) e varios productos das terras recén
descubertas : millo, pataca, cacao, piña, noz, canela, tabaco, pementa, coco e aves exóticas como o papagaio.
A Carabela "La Niña" o mando do almirante Cristóbal Colón tomou rumbo sureste hacia Cascais onde arribou o 10 de Marzo de 1493.
A Carabela "Santa María" foi a deriva ata que encallou.Coa súa madeira fixeron un forte para protexer ás 39 persoas da tripulación que quedaron alí,morrendo á man dos indíxenas.
Pasados 10 días de estancia en Baiona a Carabela Pinta partiu para Palos (Huelva), onde chegou o 15 de Marzo de 1493,horas despois de que o fixera Colón.
Os poucos días morreu en Palos (Huelva),Martín Alonso Pinzón,que xa estaba moi enfermo.

25/2/10

Poemas de Rosalía de Castro


Estos traballos foron realizados por todo o alumnado,dende E.Infantil ata 6º de E.Primaria,o día 24 de Febreiro, "Día de Rosalía de Castro".
Preme na imaxe

14/2/10

Que sabemos de Rosalía


12/2/10

Festa do Entroido


Carnaval

Chegou o Carnaval
e os nenos e nenas de Fontes
cos profes e as súas familias
todos a disfrutar.
Uns vestidos de fondo mariño,
outros de latas,
de peixes,peixeiras e piratas
bailando ata cansar.
Ao rematar comida típica
para festexar
e o meco para queimar.
Todos e todas a troulear
ata o próximo Carnaval.

8/2/10

6/2/10

Chega o Entroido


Durante esta semana a sardiña mandará cousas para facer.
O luns, todos/as deberemos levar ao colexio uns pantalóns vaqueiros remangados.
O martes, traeremos unha camisa anudada.
O mércores, poremos un pano na cabeza.
O xoves, traeremos un parche no ollo.

O Carnaval

Que bonito o Carnaval
con carautas
con anteollos
con colores
con fazulas de cartón
con sombreiros
e con flores.
Vaia carnavalada
con filloas
con orellas
e unha boa laconada.
No Carnaval,carnavaliño
Maruxa fai de Carme
e Carme fai de Pedriño.

Concha Blanco "Poemas para pintar"

4/2/10

Inverno en E.Infantil







Chegou o inverno e os nenos/as de E.Infantil fixeron este mural tan fermoso que cambiará cada estación.
Choiva toliña
Choiva toliña
e rebuldeira,
baixa das nubes
mixiriqueiras.

Ven onde a min,
á miña beira,
que quero verte,
que quero leria.

Falas con pingas
lingoreteiras
que son alegres
e brincadeiras.
A.García Teijeiro

1/2/10

Viaxe do 3º Ciclo a Vigo



O xoves,día 28,fomos visitar ANFACO,museo de conservas.
Alí vimos máquinas antigas,a maqueta dunha fábrica de conservas e un escritorio antigo.
Explicáronnos como se elaboraban as conservas,labores realizados,principalmente por mulleres.
Despois visitamos Salinas que é unha excavación arqueolóxica onde se atoparon unha serie de obxectos romanos e unha salina.
Fomos vendo a importancia do sal e os distintos usos que se poden facer del.
Ata poidemos cheirar unha salsa romana chamada " garum "!.
As dúas visitas estiveron xenial!.