31/10/08

Samaín



Os nenos/as de 2º de Primaria lembraron con estes traballos a festa do Samaín.

30/10/08

Lemos no campo



Preme na imaxe

Mural de avaliación




Ao día seguinte os nenos/as de 2º e 6º avaliaron a actividade e nós reflexámola nun mural.

Disfrutamos lendo

video

Preme para escoitar.

27/10/08

Xogos que animan a ler

Comentamos e ilustramos



Os nenos/as de 2º de Primaria comentan e ilustran a saída ao campo para ler.

Comentario dos nenos/as de 6º


Me encantó el juego de decir un escritor y un libro.Estuvo muy bien cuando subimos a la Virgen de la Roca.Hay unas vistas magníficas.Creo que para el año que viene,deberíais repetir esta actividad para que otros cursos descubrieran lo magnífico que es leer en el campo;aunque para el año que viene ya no estamos.
Leticia,Naiara,Inés,Carla

Pasámolo moi ben.Para o próximo ano eu querría que coma nós o pasasen ben.Os de 5º deben repetir
o mesmo.Eu poría un autobús, porque para baixar estábamos moi contentos por ir ao campo,pero despois de tantos xogos,xa estábamos cansos para subir.Se puidera repetir faríao.
Todo moi ben: o conto,os xogos en equipo...
Tamén estiveron guai os profes: Alberto,Mino e Carmen.
Laura Vargas

A min gustoume moito ir a Virxe da Rocha e subir ao barco,xogar coa pelota,ir camiñando,lerlle un conto aos nenos/as de 2º,ainda que estivemos varios días sin saír ao recreo para preparalo.
Tamén me gustou o xogo de ler poemas.No xogo da pelota fixemos unha competición 6º contra 2º e gañamos os de 6º, 12 a 9.
A min gustaríame repetir.
Carla Gómez

26/10/08

Día da biblioteca


O día 24 de outubro,celébrase o día da biblioteca.No colexio celebrámolo cun contacontos,
interpretado polo xefe de estudios,Mino e unha vogal do ANPA,Sonia.
O título do conto era "Guillermo,el ratón de biblioteca". Adaptouno ao galego o Equipo de Normalización Lingüística do Centro. Os nenos/as divertíronse moito,participaron do conto e pasárono moi ben.
Felicitamos a Mino e Sonia pola magnífica interpretación.
A continuación entregamos "As libretas viaxeiras"aos nenos/as para que as levaran as súas casas,porque nelas se falaba da biblioteca e tiñan que realizar un traballo coas súas familias,durante a fin de semana.
Tamén se lle fixo entrega do libro " Flis-Fli-Ris-Flás" Cóntallo en galego
Campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar,enviado pola Xunta de Galicia aos nenos/as do 1º Ciclo de Primaria.
Foi un día moi especial !.

Contacontos

video

Preme para escoitar.

Hora de ler



Acordamos en Claustro adicar 15 minutos a ler todos os días.A lectura facémola despois do recreo en todos os niveis e en tódalas materias.
Hoxe empezamos e foi un día moi especial!

23/10/08

Premio nacional de Literatura Infantil e Xuvenil



O escritor Agustín Fernández Paz obtivo este premio pola súa obra "O único que queda é o amor", editada por edicións Xerais en galego e en castelán por Anaya.Este premio distingue ao mellor libro de Literatura Infantil ou Xuvenil publicado ao longo do 2007 en calquera das linguas oficiais que se falan en España.
¡Noraboa!
Recollido do Periódico.com

19/10/08

II Encontros de Bibliotecas Escolares


Este fin de semana, asistimos en Santiago de Compostela os "II Encontros de Bibliotecas Escolares" co lema "Bibliotecas para ler e aprender"
Foron uns días de traballo moi intenso,pero que mereceu a pena pola cantidade de información que recibimos para traballar nas nosas bibliotecas escolares.
As conferencias forn impartidas por:
-Isabel Solé Gallart
"Lectura e aprendizaxe: á procura do lector comprometido"
-José García Guerrero
"Contribución da biblioteca escolar ao desenvolvemento corresponsable da lectura e escritura"
-Antonio Basanta Reyes
"A primeira biblioteca"
Ademais destas conferencias Rosa Piquín Cancio falou dos proxectos documentais integrados e varios CEIP e IES presentaron experiencias que realizaron nas súas bibliotecas escolares.
A nosa felicitación e agradecemento tanto os conferenciantes como a tantos compañeiros/as que nos acompañaron nestas experiencias.

12/10/08

Ramiro Fonte



Falece en Barcelona, o poeta Ramiro Fonte,membro da Real Academia Galega.Na actualidade dirixía o instituto Cervantes de Lisboa.Ademais de ser un gran poeta cultivou a narración,o ensaio,a crítica e foi un estudioso da literatura galega.
Recibiu varios premios:"Premio da Crítica de Galicia,Premio da Crítica Española,
Premio Losada Diéguez de creación,Premio Esquío e Premio Miguel González Garcés".
Obras:
- As cidades da nada
- Pensar na tempestade
- Pasa un segredo
- As lúas suburbanas
- A rocha dos proscritos
- Luz de mediodía
- Capitán inverno
- O cazador dos libros
- As regras de xogo
- Os meus ollos
Recordarémoste sempre!

11/10/08

Premio Nobel de Literatura


O escritor francés Jean-Marie Gustave Le Clézio foi galardonado este xoves, 9 de Outubro co Premio Nobel de Literatura 2008,segundo anunciou a Academia Sueca.
A Academia calificouno como " autor da ruptura,da aventura poética, do éxtases sensual e un explorador da humanidade".