30/11/14

Culturgal



Preme na imaxe

Culturgal celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra,do 5 ao 7 de decembro.
Espazo libros


A CIDADE DOS NENOS, de Francesco Tonucci, é o libro no que o prestixioso educador e psicopedagogo italiano explica a iniciativa que levou a cabo en 1991 na súa cidade natal de Fano. Moitas cidades latinoamericanas e europeas -entre elas Pontevedra- sumáronse a ese novo xeito de pensar a cidade como un espazo planificado e construído á medida da infancia e, por extensión, que redunda nunha maior calidade de vida para todos.



Paco Nogueiras segue brincando por toda Galicia coas cancións do libro-disco BRINCA VAI!, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por Sr. Sagüillo. O autor de composicións como “Meu o mundo é!”, todo un himno a prol da lingua galega, repasará unha parte importante do repertorio deste traballo, con música en directo e moito humor.




NON HAI BERCE COMA O COLO é un libro-disco de arrolos tradicionais procedentes de diversos puntos da nosa xeografía. Magoia Bodega e Paulo Nogueira, do grupo Treixadura, dirixen este proxecto, que conta coa colaboración de destacados intérpretes galegos, como Mini Rivas, que tamén asina o prólogo da obra.







26/11/14

Visita a Eroski


Eroski - Movie Maker

O día 26 de novembro,o alumnado de 5º e 6º de E.Primaria visitou Eroski.
Primeiro,tiveron unha charla moi pedagóxica no colexio.A continuación fixeron a visita,pasando polos diferentes stands,onde se lle ampliou o que viran na proxección.
Ao final da visita tiveron unha cata de froitas e xogos.
Todos recibiron un agasallo.
Foi unha visita moi interesante.

Contacontos




Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co seu traballo.

Linda - Kizoa Movie Maker

Parabéns para Delia,nai de Miguel,un alumno de 5º de E.Primaria,por contarnos este conto tan bonito,na hora do recreo.
A Biblioteca estaba a tope!!!
Encantounos o conto.

24/11/14

Premio Cervantes



Juan Goytisolo gaña o Premio Cervantes.
Este premio é considerado como o máis importante da Lingua Española.
Instituido en 1976 polo Ministerio de Educación,Cultura e Deporte.
A entrega do premio será o día 23 de Abril,do ano seguinte,en homenaxe a data da morte do autor do libro "Don Quijote de la Mancha".

23/11/14

Día Internacional contra a Violencia de Xénero







Preme nas imaxes

En 1981 celebrouse en Bogotá, Colombia, o Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres, recordando o asasinato das irmás Mirabal.


Mulleres que loitan polo futuro doutras mulleres

Aung San Suu Kyi, a política birmana que loitou incansablemente polo triunfo da democracia no seu país e que estivo encarcerada durante dúas décadas polo réxime militar.


Anna Politkovskaya, a xornalista rusa que dedicou a súa vida a documentar os abusos dos dereitos humanos no Cáucaso, que pagou a súa coraxe coa vida e se converteu en símbolo da loita pola información libre.


O Nobel da Paz deu visibilidade a mulleres admirables como Shirin Ebadi, a avogada iraniana que fixo da defensa de dereitos das mulleres e os nenos a súa vida, ou a Wangari Maathai, a "muller árbore" kenyana cuxo movemento sementou 30 millóns de árbores en África.

21/11/14

A Esmorga



A película inaugurouse na XIX edición do festival de cine internacional de Ourense.
A Esmorga,o libro,provoca no lector unha vertixe de sensacións non so como consecuencia da tráxica fuxida cara a adiante dos seus protagonistas,senón tamén como froito dos claustrofóbicos ambientes relatados por Blanco Amor.
A Esmorga,a película,tiña por reto trasladar esas mesmas sensacións á pantalla.
A rodaxe fíxose en escenarios case sempre naturais de Ourense en pleno inverno. 

Suplemento de ocio e cultura "La Voz de Galicia"

Magosto


Magosto 2014 - Movie Maker



Cantigas

A castaña no ourizo
quixo rir e regañou
caeu do castiñeiro en baixo
mira que chasco levou!

As castañas son castañas,
os ourizos son ourizos,
os ollos da túa cara
para min son dous feitizos.

19/11/14

Teatro "As tartarugas de Fontes"





Acudide.Pasaredes un rato moi divertido!!!









16/11/14

Día Universal do Neno



Preme na imaxe

O día 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos dereitos do neno.
É unha data que nos fai recordar que un neno/a non é soamente un ser fráxil que necesita que se lle protexa,senón tamén unha persoa que ten dereito a ser educado,coidado e protexido en calquera lugar do mundo.




En este libro, diez grandes autores de literatura infantil y juvenil han unido su talento con el del ilustrador Emilio Urberuaga y nos ofrecen diez cuentos que recrean los principios recogidos en esa declaración, con el objetivo de recordar su importancia y de dar a conocer a los niños y niñas de hoy en día unos derechos fundamentales que desde hace décadas velan por su protección y desarrollo.





Niñ@s sin derechos ¡NO! es un material para enseñar a los niños cuáles son sus derechos más importantes. Partiendo de la Convención Internacional de los Derechos del niño, explica 10 de los derechos más importantes: a ser amado y respetado, a la igualdad, a la asistencia médica, a tener una identidad, a ir al colegio, a ten er qué comer, a dar su opinión, a ser protegido de la violencia, a no ser explotado y a soñar, reír y jugar. ...



12/11/14

Lecturas familias




Había una vez tres feroces bandidos de anchas capas negras y altos sombreros negros. El primero tenía un trabuco, el segundo un fuelle lleno de pimienta y el tercero una enorme hacha roja. Cada una de las armas tenía su especializado y maléfico fin dentro de una pensada cadena. Eran unos tipos terribles que tenían aterrorizada a la población y que se habían hecho inmensamente ricos con sus tropelías. Pero una noche muy oscura, en uno de sus asaltos, conocen a una niña huérfana llamada Ursula que cambiará para siempre la vida de los tres bandidos.



Los tres bandidos - Movie Maker

Comezamos as lecturas na hora do recreo.Bastantes familias se ofreceron para contarlles contos aos nosos alumnos/as.Os primeiros foron os pais de Anaís e Adrián de 5º e 2º de E.Primaria.
O conto que nos contaron foi "Os tres bandidos" que o fixeron fenomenal, utilizando moitos xoguetes.
Parabéns para Anaís e os seus pais polo bo rato que nos fixeron pasar.
Como vedes a Biblioteca estaba a tope e aos nenos/as encantoulles o conto.
Fantástico!!!

Premio Manuel María de Literatura Infantil



Antón Cortizas obtivo o VIII Manuel María de literatura dramática infantil polo seu libro "Xogando con gatos"
Noraboa!!!

5/11/14

Magosto



Preme nas imaxes para ver os recursos do Magosto.

Páxina de María Asunción García Álvarez














Refrán
Polo San Martiño
trompos no camiño.







Celebramos o Samaín


1º medo - Movie Maker


Celebramos o Samaín realizando diversas actividades:
- Fotocol,contacontos,manualidades,postres terroríficos,talleres monstruosos,murais,invención de contos sobre cabazas extraterrestres,tarxetas,visualización de contos de medo...
- As familias realizaron cabazas extraterrestres.
Moitísima creatividade!!!
Grazas a todas as familias pola súa colaboración.
A ANPA do colexio repartiu diplomas para todos/as nenos/as que participaron na confección de cabazas.