28/11/10

Mamá Cabra



É un grupo de música infantil formado por sete músicos. Batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.
Novo libro de Mamá Cabra,cun conto de Gloria Sánchez e ilustracións de Kristina Sabaite.

24/11/10

Aprendemos a reciclar








Manuel e Xulio,viñeron o día 23 de Novembro a dar unha charla "Como separar o lixo".
Antes,o alumnado levou para as súas casas un folleto enviado polo Concello "Baiona separa para reciclar",campaña de reciclaxe de residuos.
O día seguinte,veu un camión ao Centro e o alumnado aprendeu a botar o lixo nos diferentes contenedores.
- Contenedor amarelo
. Envases metálicos
. Briks
. Envases de plástico para alimentación
. Envases de plástico para productos de aseo ou limpeza
. Bolsas e envoltorios de plásticos e aluminio
- Contenedor azul
. Papel e cartón
- Contenedor verde
. Restos de comida
- Iglú verde
. Vidro
- Depósito de pilas
- Depósito para aceite
Todo o lixo debe ir ao "Punto Limpo"
Se facemos isto, coidaremos o medio ambiente.
Está nas mans de todos nós, separar o lixo nas nosas casas e levalo aos distintos contenedores.

Premio Cervantes 2010


O premio Cervantes,foi creado en 1975 polo Ministerio de Cultura e pretende homenaxear anualmente a un autor/a, que coa súa obra contribuira a enriquecer a lingua castelá.
A escritora Ana Mª Matute,de 85 anos,gañou o Premio Cervantes 2010.
Nunha entrevista concedida ao País.com dixo: "Si ganara el Cervantes daría saltos".
Hoxe cumpriu o seu soño,que é o maior galardón das letras hispanas.
Obras:
- La puerta de la luna.
- Los hijos muertos.
- La torre vigía.
- Aranmanoth.
- Paraiso inhabitado.
- Los soldados lloran de noche.
- Cuentos de infancia.
- Todos mis cuentos.
- La oveja negra.
- Olvidado rey Gudú...
"Ni muñecos ni juegos,lo que más me atraía de pequeña eran los libros..."
Ana Mª Matute

21/11/10

Día Universal da Infancia


O día 20 de Novembro quedou institucionalizado como "Día Internacional dos Dereitos do Neno",ou "Día Universal da Infancia".
É unha data para recordar que o neno/a debe ser protexido e que é unha persoa que ten dereito a ser educado e coidado para ter unha vida sa e feliz.


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 (EUROPA PRESS) O Goberno galego ratificou, con motivo do Día Universal da Infancia, o seu compromiso cos dereitos dos nenos e co impulso políticas sociais que favorezan a súa protección e a atención ás súas necesidades, así como das familias.

19/11/10

Almorzos saudables















Durante o mes de Novembro, estamos a desenvolver no noso Centro Escolar dous tipos de almorzo:mediterráneo e mixto.
Mediterráneo:
-Tomates maduros
-Aceite de oliva (preferente virxe)
-Pan (do día ou torrado)
-Leite
-Sal
-Cacao
Mixto:
-Iogur
-Queixo
-Embutido-friame
-Pan
-Froita-zume
-Froitos secos
Esta actividade é da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e realizámola dende infantil a 3º Ciclo de E.Primaria.
Antes do almorzo, tiveron unha pequena charla impartida por unha persoa da Xunta sobre a pirámide dos alimentos e o importante que é facer un bo almorzo para sentirnos ben.
Nas respectivas clases traballamos o tema dos alimentos antes dos almorzos.
Para realizar esta actividade contamos coa colaboración do ANPA e das persoas encargadas do comedor escolar.
Esta actividade pareceunos moi interesante para que o noso alumnado aprenda a comer san.
Ao rematar os almorzos tiveron outra charla sobre a saúde bucodental-técnica de cepillado.
Regaláronlle cepillos dentais a todos/as para aprender a lavar os dentes e uns folletos informativos para levar as súas familias.
Esperamos que esta actividade se repita no vindeiro curso.
E non se esquezan: "Almorzos saudables"

17/11/10

El Quijote interactivo


Preme no libro e verás "El Quijote" interactivo.

Biblioteca Municipal



Preme na imaxe

3/11/10

Libreta viaxeira



Despois de ler este poema que fala de medos,o alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria, realizou coas súas familias este traballo para festexar a festa do "Samaín".