23/3/12

Día Internacional do Libro Infantil

Preme na imaxe

O 2 de Abril,dende 1967,coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen,o IBBY promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e o amor polos libros.
Cada ano selecciónase un escritor/a e un ilustrador/a para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribuirá por todo o mundo.
Este ano tocoulle o turno a México,sendo o escritor Francisco Hinojosa,poeta,narrador
e ilustrador mexicano.
A mensaxe é "Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro".
O cartel ilustrado é de Juan Gedovius.

Día Internacional do Libro Infantil (PDF)

Limericks

Es un poema jocoso originado en Irlanda (Limerick) y popularizado por Edward Lear en 1846.En Argentina,la escritora María Elena Walsh basó en 42 limericks su libro infantil Zoo loco.
El limerick sigue una forma estándar de 5 líneas y su esquema es AABBA.
1º verso - Define al protagonista.
2º verso - Indica sus características.
3º y 4º verso - Se realiza un predicado.
5º verso - Epiteto final.





Día da Árbore










Plantamos unha árbore no colexio que coidaremos con moito agarimo.
Mil árbores que medran fan menos ruido que unha árbore que se derrumba.
Proverbio xaponés


19/3/12

Día Mundial da Auga









Preme nas imaxes



2005-2015:Decenio Internacional para a acción "A auga é fonte de vida"
No ano 2025,1800 millóns de persoas vivirán en países ou rexións con gran falta de auga e dous tercios da poboación mundial farao en condicións de carencia extrema,indicou "ONU-Auga",unha coalición integrada por representantes de 24 organizacións do foro mundial.

17/3/12

Día da Poesía



Madrigal á cidade de Santiago


Chove en Santiago

meu doce amor.

Camelia branca do ar

brilla entebrecida ó sol.

Chove en Santiago

na noite escura.

Herbas de prata e de sono

cobren a baleira lúa.

Federico García Lorca


María Soliña


Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai,que soliña quedaches,

María Soliña.

Nos areais de Cangas

muros de noite se erguían:

ai,que soliña...

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traían:

ai,que soliña...

As gaivotas sobre Cangas

soños de medo tecían:

ai,que soliña...

Baixo os tellados de Cangas

anda un terror de auga fría:

ai,que soliña...

Celso Emilio Ferreiro


Dende a Biblioteca,propuxemos para celebrar o Día da Poesía:

- Limericks ( 2º e 3º Ciclo)

- Eu quero ser...

pero eu son...

- Versos ordenados (1º Ciclo)

Esperamos os vosos traballos

16/3/12

Traballamos coa prensa
















O alumnado de Fontes,estivo a traballar durante a semana do 2 ao 16 de Marzo coa prensa nas aulas.
O traballo centrouse nos bosques.
- Recortaron e redactaron titulares.
- Escribiron pés de foto en fotografías de bosques que se foron recollendo dos xornais ao longo do curso.
- Inventaron anuncios.
- Redactaron noticias e realizaron debuxos.
- Realizaron informes sobre as persoas que traballan na defensa dos bosques.
- Buscaron información sobre árbores e animais dos bosques de Galicia.
- Redactaron cartas ao director dun xornal,denunciando algún feito que perxudicase aos bosques.
Os máis pequenos recortaron letras o palabras do xornal e inventaron frases como:
- O perigo dos bosques son os incendios.
- Non fagas lume no bosque.
- Os bosques son refuxio dos animais.
- Non contamines os bosques con lixo...




9/3/12

Los fantásticos libros voladores de Sr. Morris


Inspirado en la misma medida por el huracán Katrina, Buster Keaton, El Mago de Oz y el amor por los libros, los Fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore es una alegoría conmovedora y humorística sobre los poderes curativos de la ficción. Usando una variedad de técnicas (miniaturas, animación por ordenador, animación 2D) el galardonado autor / ilustrador William Joyce junto al Co-director Oldenburg Brandon, presentan un estilo híbrido de animación que se remonta a las películas mudas y musicales de MGM en Technicolor. Morris Lessmore se mantiene al borde entre un estilo antiguo y lo más innovador de la ilustración.

Este cortometraje fue galardonado por los Premios Oscar del 2012.

Recogido del blog literario español Boomeran (g)

7/3/12

Recursos para traballar a prensa












Diversas actividades de lingua e literatura,matemáticas e coñecemento do medio,para realizar cos xornais nos diversos Ciclos de E.Primaria.


Achega os nenos/as ás técnicas de confección de xornais

Preme nas imaxes
Hai actividades moi interesantes para aprender cos xornais.

Día da muller traballadora



O 8 de Marzo é un día para revindicar a igualdade entre homes e mulleres nos ámbitos laboral,político e social.

5/3/12

Salón do Libro en Pontevedra


Preme na imaxe

Do 4 ao 31 de Marzo
O Salón indagará nas supersticións, de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil.