31/3/09

30/3/09

Semana da prensa


Do 19 ao 13 de Marzo celébrase a Semana da Prensa.
Utilizamos a prensa como material didáctico,para que os nenos/as afáganse a familiarizarse co manexo dos xornais.
Tamén que coñezan a través dos xornais o que ocorre no seu lugar máis próximo e no resto do mundo.
Ensinalos a contrastar informacións.
Formalos como lectores críticos.
Conseguir que aos nenos/as gústenlle os xornais,para que cando sexan maiores utilícenos diariamente.
Este curso,en 1º Ciclo de E.Primaria estivemos a traballar as seccións de "Cultura" e
"Noticias" do lugar no que vivimos.

27/3/09

Libro de poesía



Antonio G.Teijeiro presentou onte en Librouro o seu último libro " Bolboretas no papel", unha compilación de 30 poemas.Na entrevista publicada hoxe no Faro de Vigo,di que a mellor idade para enganchar aos pequenos e futuros lectores é entre os sete ou oito anos,porque é cando comezan a ser autónomos e a decidir o que lles gusta e o que non,pero para iso deben escoitar poesía.Tamén dí que é moi importante ler poesía en voz alta,para que os nenos/as collan a musicalidade e o ritmo das palabras.
Penso que esta nas mans de pais e profesores facer que os nenos/as sintan pracer pola poesía.Os libros de poesía de García Teijeiro farán despertar o interese pola poesía.
Pronto estará na nosa Biblioteca.

23/3/09

Xornadas de animación á lectura


Co gallo do día da muller traballadora,o departamento de igualdade do concello de Baiona,organizou unhas xornadas de animación á lectura,co obxectivo de promover no alumnado actitudes positivas cara a Igualdade de Xénero.
1º Ciclo de Primaria traballou o conto "Rosa Caramelo".Logo realizaron unha ficha de colorear.
2º Ciclo de Primaria traballou o conto "O Príncipe Ceniciento"e a continuación fixeron un mural sobre as profesións.
3º Ciclo de Primaria contrapuxeron os contos de "Cenicienta"e "O Príncipe Ceniciento"
Finalmente realizaron un debate.
O noso colexio correspondeulle traballar estas actividades os días 16,17,18 de Marzo.

Teatro:"Lío en la granja"

En una Granja donde conviven diversos animales desaparece un huevo de la señora gallina. A partir de aquí, surgen desconfianzas entre los habitantes de la finca. Todas las miradas se dirigen hacia el Cuervo, un recién llegado desde "el extranjero". Dos hombres, espectadores de excepción, comprenderán que los choques entre los habitantes del caserío no les son lejanos. Una sátira, en forma de fábula, de los conflictos actuales de nuestra sociedad contados de una manera sencilla, reflexiva y con mucho humor.

22/3/09

Día mundial da auga



Agua, ¿dónde vas?

Riyendo voy por el río
a las orillas del mar.

Mar, ¿adónde vas?

Río arriba voy buscando
fuente donde descansar.

Chopo, y tú ¿qué harás?

No quiero decirte nada.
Yo..., ¡temblar!

¿Qué deseo, qué no deseo,
por el río y por la mar?

(Cuatro pájaros sin rumbo
en el alto chopo están.)
Federico García Lorca

Día da poesía

Preme na imaxe
O día 21 de Marzo, celébrase "O Día da Poesía"
Estamos ilustrando poemas de Antonio G. Teijeiro,facendo rimas e inventando poemas.

15/3/09

Día especial


Esta semana,os nenos/as xa puideron levar libros para ler nas súas casas.O alumnado amosou moita ledicia, cando entraron na Biblioteca e viron libros tan bonitos. A visita foi masiva. Esperamos que sempre sexa así, porque os libros que quedaron nas estanterías están desexando sair, e ser abertos. Non vos esquezades de vir a recollelos, porque están ansiosos de ir collidos das vosas mans e contarvos historias fantásticas.

Semana especial para todos/as.

Felices lecturas!

13/3/09

Xornada de animación á lectura


Un contacontos no colexio
O día 9 de Marzo,tivemos no colexio dúas sesións de animación á lectura.
Unha sesión para os máis pequenos e outra para os maiores.
O contacontos Mario,narrou diferentes contos clásicos ao alumnado do colexio.
Os contos que máis lles gustaron aos nenos/as foron:
.O verme sen casa
.O tigre famento
.O ratiño Pérez

9/3/09

Marzo,mes da poesía



O 21 de Marzo celébrase "O Día da Poesía".
Os nenos/as do 1ºCiclo,empezaron a traballar este mes a poesía.
Despois de ler o libro "Adiós ríos,adiós fontes" de Rosalía de Castro,ilustraron o poema coas súas familias.