
Preme na imaxe
Chegou o inverno e os nenos/as de E.Infantil fixeron este mural tan fermoso que cambiará cada estación.
Choiva toliña
Choiva toliña
e rebuldeira,
baixa das nubes
mixiriqueiras.
Ven onde a min,
á miña beira,
que quero verte,
que quero leria.
Falas con pingas
lingoreteiras
que son alegres
e brincadeiras.
A.García Teijeiro
O xoves,día 28,fomos visitar ANFACO,museo de conservas.
Alí vimos máquinas antigas,a maqueta dunha fábrica de conservas e un escritorio antigo.
Explicáronnos como se elaboraban as conservas,labores realizados,principalmente por mulleres.
Despois visitamos Salinas que é unha excavación arqueolóxica onde se atoparon unha serie de obxectos romanos e unha salina.
Fomos vendo a importancia do sal e os distintos usos que se poden facer del.
Ata poidemos cheirar unha salsa romana chamada " garum "!.
As dúas visitas estiveron xenial!.