31/5/09

Un día no meu colexio

Os nenos/as das Escolas Unitarias do Burgo e de Baredo visitan o colexio,para coñecer os novos compañeiros/as que terán no vindeiro curso.
Realizaron diversas actividades cos profesores de Música,E.Física,Informática e Inglés.
Os nenos/as de 5º de E.Primaria representaron para eles as obras de teatro que tiñan preparadas.
Pasaron un día moi divertido e ameno cos novos compañeiros/as.

28/5/09

Bautismo de mar


O mércores,27 de maio,o alumnado de sexto participou nunha xornada de iniciación á vela baixo o lema "BAUTISMO DE MAR".
Pasamos dúas horas navegando,logo fomos á praia da Ribeira e rematamos a xornada duchándonos nas instalacións do Club de Iates de Baiona.
Foi un día marabilloso!.

22/5/09

Debuxos da Ruta

Pintamos a Ruta Pinzoniana


Os nenos/as do 1º Ciclo de E.primaria baixaron a Baiona a pintar "A Ruta Pinzoniana".
Primeiro,estiveron xogando un rato no campo do Aral e logo foron á Biblioteca para ver un audiovisual sobre o libro que elaboraron o ano pasado "O Descubrimento de América".
Tamén se lles explicou os monumentos que ían a pintar.
Ao rematar a actividade foron por grupos a pintar os diferentes monumentos.
Tiveron un pouco de diversión facendo castelos de area na praia da Ribeira.
Pasaron unha mañá moi divertida e con moitas ganas de repetir a experiencia.
Aprenderon moito!

20/5/09

Letras galegas coas familias



Os nenos/as de 2º de E.Primaria levaron un texto para ler sobre Ramón Piñeiro.
Propuxémoslle ás familias que debuxaran cos seus fillos algo que representara a Galicia.
Estes foron os seus debuxos.
Felicitamos as familias por colaborar en tódalas actividades que facemos.

Un día con Susa e Merchy


Susa Herrera e Merchy Rozas visitaron o colexio de Fontes co gallo do "Día das Letras Galegas".
Presentáronnos o libro "Todos os animais ó caixón"e fixéronnos pasar unha mañá moi divertida,e de gran movemento a maiores e pequenos.
Cantamos,movémonos e contaxiáronnos a súa magnífica expresión corporal.
Que gran diversión!
Grazas as dúas por ser tan marabillosas contando contos.

14/5/09

En busca dun libro


O día 13 de Maio,os nenos/as do 1º Ciclo de E.Primaria saíron do colexio en busca dun tesouro,"UN LIBRO".
Primeiro dirixímonos á Ermida de Santa Marta.
Alí,disfrazámonos de piratas para escoitar o conto "O LIBRO DAS ILLAS CÍES"e tamén para aprender cousas relacionadas co mar.
Un neno e unha nena sacaron dúas palabras dunha bolsa e inventamos un conto entre todos, para logo ilustralo nas respectivas clases.
Antes de marchar para a lonxa déronnos a primeira pista para atopar o tesouro.
Na lonxa recibimos unha pequena explicación e a segunda pista.
Repuxemos forzas no Campo do Aral e déronnos a terceira pista.
Por último,dirixímonos á Biblioteca Municipal onde nos esperaba o bibliotecario Anxo.
Por fin a última pista!
Rápidamente atopamos o libro "O MOSQUITO VOADOR",que escoitamos con moitísima atención.
Anxo preparounos uns libros para ler e un xogo "EN BUSCA DAS VOGAIS".Tamén recibimos encantados o carné de socios da Biblioteca Municipal.
Para rematar debuxamos e pintamos os animais do "LIBRO DA SELVA"que pegamos nun mural e deixamos alí.
Unha mañá máxica,chea de ilusión e divertimento!!

8/5/09

7/5/09

Le connosco


Durante o mes de Abril,varias nais e unha avoa fixéronnos pasar uns ratos moi agradables, lendo contos aos nenos/as que quixeron escoitalas durante a hora do recreo.
Grazas a todas elas por ser unhas boas contacontos,neste mes de Abril,mes dos libros.
Ata o próximo ano!
Esperamos contar coa vosa colaboración o vindeiro curso.