31/10/12

Celebramos O Samaín



Bonitas cabazas as que nos trouxeron as familias para celebrar O Samaín.
Ademais con pareados!
Pequenos e maiores celebramos o Samaín. Samaín 2012 on PhotoPeach Entrega de agasallos a todos os participantes.

26/10/12

Celebramos o Día da Biblioteca

Para celebrar o Día da Biblioteca, 24 de Outubro, repartíronse:
- As mochilas viaxeiras dende E.Infantil a 6º de E.Primaria.
- As libretas viaxeiras a 1º Ciclo de E.Primaria e 3º curso de E.Primaria.
- O libro viaxeiro a E.Infantil.
- O libro "Os meus poemas" a 4º,5º e 6º de E.Primaria.
Tamén contamos con Servando,   que nos amenizou con varios contos acompañado da súa acordeón.
Foi fantástico!
Estivemos abraiados coa súa actuación!
Felicitámolo polo rato tan agradable que nos fixo pasar.

10/10/12

Día da Biblioteca

Con este lema, Biblioteca escolar, acelerador de innovación, preséntase o cartel que neste curso 2012/2013 edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro) e que chegará aos centros en datas próximas. Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide, que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar (Manuel Mariño/2008, Miguelanxo Prado/2009, Marina Seoane/2010, Emma Ríos/2011)