24/6/10

Festa Fin de Curso


O día 22 de Xuño,celebramos a festa "Fin de Curso".
O alumnado de 6º bailou a "Danza das espadas",que durante dous meses preparou con eles Mino.
Con esta danza,o profesorado pretende inculcar no alumnado unha parte moi importante da memoria inmaterial de Baiona.
Esta danza baílase 3 veces no ano:o día do Carme a Virxe,o mariñeiro de máis idade de Baiona e tamén se baila o 1ºsábado de Agosto.
A particularidade é soamente que esta danza é bailada por homes e no colexio baílanna nenos e nenas.
Dende o ano 1997 con esta danza o alumnado de 6º da por rematada a súa vida escolar no Centro,e os demais pechamos o curso académico.
Tamén houbo merendola e repartimos agasallos aos alumos/as que máis tartarugas conseguiron nas actividades realizadas na Biblioteca ao longo do curso escolar.
Felices vacacións e ata o vindeiro curso.

21/6/10

Libros para verán


Augusto Cury es médico psiquiatra. De los libros que ha publicado en los últimos ocho años, cuatro son líderes indiscutibles de ventas en Brasil y Portugal.
Este libro nos ayudará a comprender por qué la juventud se ha encerrado en sí misma, ha perdido la ilusión y la capacidad de discusión, y nos proporcionará herramientas de apoyo para los jóvenes y los no tan jóvenes.

A elegancia do ourizo conta a historia da porteira dun edificio da burguesía parisina e dunha rapaza de doce anos que teñen en común a súa vida solitaria, os esforzos por vencer a desesperanza e as súas cualidades pouco comúns descoñecidas polos ricos vaidosos que moran na súa veciñanza.


La novela narra, la vida de una joven modista desde los años previos a la guerra civil española hasta después de la segunda guerra mundial.
Libro que nos engancha desde o primeiro momento.

18/6/10

Guías de lectura






Preme nas imaxes

Teatro ANPA


Como todos os anos,a Compañía de Teatro da ANPA do CEIP de Fontes representou na Sala de Usos Múltiples do Centro unha nova obra de teatro.Este ano a obra elexida foi "A OUTRA HISTORIA DA CARAPUCHIÑA VERMELLA",cuxos personaxes foron interpretados polos seguintes actores e actrices:
Narradores: Sonia e Susi
Lobo: Carlos Zamorano
Carapuchiña: Mª Jesús
Nai: Josefina
Cazador 1: Cristina
Cazador 2: Mino
Cazador 3: José
Criada: Sandra
Avoa: Pili
Foi representada con gran éxito en dúas ocasións e o que é máis importante,servirá como inicio do Proxector Lector do ano que ven: "CONTOS E HISTORIAS PARA LER E CONTAR".
Unha fantástica e divertida interpretación!
Grazas a todos/as.
Ata o vindeiro curso.
Con que nos sorprendederes?.

16/6/10

A mar de historias



Proxecto realizado polo alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria ao longo de todo o curso.

Atopámonos co mar








A exposición "Atopámonos co mar" está na planta baixa do colexio,con aparellos e outros utensilios relacionados coa pesca,que nos deixaron as familias e veciños do noso alumnado.

Unha mañá con Suso



Hoxe,16 de Xuño,estivo no colexio para rematar o noso proxecto "A mar de historias" Jesús López ex patrón maior da Confraría de pescadores de Baiona para relatar historias relacionadas co mar en Baiona.
Explicoulles por Ciclos ao alumnado como se pescaba antigamente e como se fai agora,peixes que
pescan...
Tamén comentou fotos antigas de pesca e rematou cun turno de palabra.
Unha bonita experiencia.
Grazas Jesús por prestarte a ter un encontro co noso alumnado.

Non estraguemos
o noso mar...
É o tesouro máis valioso
que temos.

15/6/10

Teatro 5º



"O maquinista Antón",obra representada polo alumnado de 5º nivel.
Trata dun maquinista de tren,que nun día da súa vida non quere traballar.E non quere porque desexa celebrar o aniversario da súa profesión,profesión que para él foi o cumprimento dun soño da súa nenez.
Como consecuencia moitos pasaxeiros ese día terán que convencelo para poder chegar aos seus destinos.
Pero non sen darse conta da importancia que teñen todos eses soños que algún día temos e que eles e elas como Antón tamén teñen ou tiveron.
Felicitamos a todo o alumnado de 5º polo rato tan divertido que nos fixeron pasar e polo ben que o fixeron.

4/6/10

Visita á Biblioteca Municipal



O día 3 de xuño,o alumnado do 1º Ciclo de E.Primaria,saímos a visitar a Biblioteca Municipal e a ler o conto "O tesouro de Baiona".
Cando chegamos a Baiona,fomos percorrendo os lugares que aparecen no libro e lendo neses espazos.
Logo,dirixímonos á Biblioteca e alí,Anxo o bibliotecario,tíñanos preparadas varias actividades:
.Explicounos as diferentes seccións nas que se atopan os libros.
.Tres compañeiros leron uns contos.
.Buscamos as vogais na Biblioteca.
.Escenificamos unha canción sobre animais.
.Fixemos exercicios de relaxación.
.Entregáronnos o carné de socios.
.Deixamos a nosa pegada na Biblioteca escribindo o noso libro favorito.

Ao final das actividades,Anxo regalounos un libro para cada un e caramelos.
Grazas Anxo por adicarnos un rato do teu tempo e por facernos pasar unha sesión moi divertida.
Cando saímos da Biblioteca tomamos o bocadillo e fomos ver unha tartaruga de 90 anos.
Logo dirixímonos á Carabela Pinta para rematar o conto e visitala.
Un día moi axetreado e moi divertido!!!.

2/6/10

Lemos contos


As titoras de E.Infantil léronlle aos nenos/as os contos "O cabaliño de mar" e "O pirata Metepata".
Estes libros elexíronos para o noso proxecto.
Logo realizaron varias actividades:
.Fixeron barcos e animais en plastilina
.Cabaliños de mar
.Dramatizaron o conto
.Escoitaron cancións
.Un mural seguindo as indicacións que siguen no libro
.Disfraces...