30/3/14

Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014

Preme na imaxe


Estes encontros celebráronse os días 27 e 28 de Marzo en Santiago de Compostela.

Día Internacional do Libro Infantil

Preme na imaxe e poderás ler unha carta a todos os nenos/as do mundo.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil e selecciona un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos/as do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.
Este ano, o país elexido é Irlanda.
O diseño do cartel é de Niamh Sharkey,e o texto da escritora Siobhán Parkinson.


XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


Preme na imaxe para saber máis.

6/3/14

Entroido


Carnaval 2014 - foto montaje

Neste Entroido 2014 recordamos A festa da Arribada.
O noso titular para o xornal sería "A Arribada comeza en Fontes".
- O alumnado de E.Infantil disfrazouse de paxaros exóticos,intentando recordar as aves que nos trouxeron.
- 1º Ciclo de E.Primaria disfrazouse de frades.Frades que marcharon a aquelas terras coa intención de axudar a todas as persoas que alí se atoparon.
- 3º de E.Primaria disfrazouse de damas e cabaleiros,todos/as membros da alta nobreza que levan as súas mellores roupas e xoias.
- 4º de E.Primaria de mariñeiros e mariñeiras,acompañados dos irmáns Pinzóns.
-3º Ciclo de E.Primaria disfrazouse de campesiñas,trobadores e bufóns.Todos/as traballaban para a alta nobreza.