22/4/08

Día do libro




No ano 1995,a UNESCO determinou que o 23 de Abril de cada ano se celebraría o "Día Mundial do Libro".Conmemórase o falecemento de dous escritores coñecidos en todo o mundo,o español Miguel de Cervantes e o inglés Willian Shakespeare.

Os xornais


É moi importante traballar coa prensa na escola,para que os nenos/as coñezan o que ocorre o seu arredor e as noticias que acontecen máis lonxe,para estar ben informados.

M.McLuhan,reivindica unha escola sen muros no sentido de estar aberta a realidade,que facilite o coñecemento do entorno económico,social e cultural.

Debemos manipular os xornais de forma lúdica.No colexio durante varias semanas estivemos seleccionando noticias e comentándoas,coñecendo as diferentes seccións dun xornal,recortando e compoñendo titulares,escribindo pés de foto,inventando anuncios,redactando noticias...

Debemos acostumar os nenos/as a analizar,comparar e xuzgar actitudes e comportamentos,a que diferencien entre información e opinión,a que sexan reflexivos e críticos e a que comprendan os textos que len.

14/4/08

Murais Día do Libro


Conto de H.C.Andersen

O Parrulo Feo 1ªparte
O Parrulo Feo 2ªparte
O Parrulo Feo 3ªparte

H.C.Andersen


O día 2 de Abril,conmemórase o día do nacemento de H.C.Andersen.Cada ano un país da Organización Internacional é o encargado de editar o cartel anunciador e a mensaxe dirixida a tódolos nenos/as do mundo.

Este ano foi Tailandia.

11/4/08

Día Internacional do Libro


"Os libros iluminan, o coñecemento encanta"

A busca de coñecemento mediante a lectura debe ser unha prioridade e é fundamental estimulala dende a infancia.Na miña opinión, sobre a base dunha cultura e tradición sublimes, dende tempos inmemoriais inculcouse nos nenos thailandeses o desexo de adquirir coñecemento por medio da lectura. Os pais son os seus primeros mestres e os relixiosos son os seus mentores éticos, os que guían e educan intelectual e mentalmente aos mozos tanto en asuntos terreais como espirituais.Para crear esta pintura inspireime en recoñecidas tradicións thailandesas, que comprenden dende a narración de contos aos nenos ata a aprendizaxe mediante a lectura de textos escritos sobre follas de palmeira que se colocan sobre pequenas mesas pregables deseñadas exclusivamente co propósito de ler.Os contos escritos sobre follas de palmeira adoitan provir da tradición budista. Relatan a vida de Buda e transmiten as historias dos "jatakas"* coa noble intención de cultivar as mentes novas e infundir nelas fe, imaxinación e principios morais.
Chakrabhand Posayakrit

8/4/08

A Toponimia do Val Miñor

Con este título, “A Toponimia do Val Miñor”,a Comunidade Escolar de Camos organizou unha exposición, que debido o seu gran interese, o Instituto de Estudos Miñoranos ofertou a tódalas Comunidades Educativas do Sur de Pontevedra.
Os promotores da idea foron un pai, Xosé Loís Vilar e unha mestra, Pilar Barreiro. Recibiron varios premios pola súa iniciativa
No CEIP de Fontes, a exposición foi inaugurada polo propio Xose Lois o 12 de febreiro e permaneceu na Sala de Usos Múltiples ata finais de mes.
A exposición constaba de dúas partes ben diferenciadas:
Por unha banda, estaba a cartelería, formada por 3 paneis xerais, 4 paneis alusivos a toponimia da terra e 4 que traballaban a toponimia do ma.
Por outra banda, tiña a vertente didáctico-pedagóxica que constaba de xogos, como o enredate, a pesca de topónimos, xogos de asociación, o tragabolas, e a debuxar topónimos
Foi visitada por todo o alumnado e profesorado. !Que ben o pasamos¡

Exposición Toponimia

6/4/08

A Arribada vista polos nenos/as de 4º


Festa da Arribada


Nesta festa os baioneses/as conmemoramos a Arribada da Carabela "A Pinta".

É unha festa moi bonita.Nas rúas do casco antigo hai moitos tenderetes de apariencia medieval.Os mercaderes van vestidos de época e moitos baioneses/as vestímonos tamén.As rúas están moi animadas con bufóns,malabaristas,cegos,magos... Nas prazas hai moitas actividades e xogos infantís populares da época medieval;talleres artesanais: ferreiros,alfareiros,canteiros....

Na praia da Ribeira hai teatro,torneos a cabalo,tiro con arco e exhibicións de aves.

4º de Primaria

Teatro