30/4/14

Actividades Letras Galegas






















Preme nas imaxes para realizar as actividades.

25/4/14

Acto Día do Libro


Día do Libro - Movie Maker


Despois de representar as dúas obras de teatro,os alumnos/as de 4º,5º e 6º de E.Primaria léronlles contos aos alumnos/as de E.Infantil,1º,2º e 3º de E.Primaria.
Noraboa a todos/as pola vosa colaboración e polo ben que o fixestes.

23/4/14

Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro "As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia: "A festra aberta ao ar vivificador, franca aos saberes, ao pensamento diverso, ao voo da imaxinación, á descuberta verturosa de novos mundos, ao espello substancial do propio ser... O libro!"
 Actividades no "Día do Libro" 
 - Obras de teatro:
"A outra historia de Carapuchiña Vermella"
"A noite das mudanzas"
 - Lectura de contos:
 "Se eu fose un gato"
"A bruxa regañadentes"
"La cosa que más duele"
 "Cuentos en verso para niños perversos"