31/10/10

Mochilas viaxeiras


Para celebrar o día da Biblioteca,24 de Outubro,recitamos poemas sobre "O Outono" de Antonio García Teijeiro e Helena Villar Janeiro,despois de ilustralos nas aulas.
Ao final, cada titor entregou a súa mochila viaxeira,que permanecerá na casa 15 días para ler en familia.
Felices lecturas!.

III Encontros de Bibliotecas Escolares





Este fin de semana,participamos en Santiago de Compostela,nos III Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia.
Abríronse os encontros coa conferencia de Teresa Colomer: Unha infancia de 500 libros
Javier Celaya e Manuel Bragado: Cultura impresa e cultura dixital
Antonio Rodríguez de las Heras: Os camiños de transformación da escritura e a lectura
Tamén asistimos a varias experiencias relacionadas coa lectura, impartidas por compañeiros/as,
que nos aportaron moitas actividades para realizar co noso alumnado.
Rematou o acto Carlos Negro, poeta, comunicador e docente, recitando un par de poemas do seu libro Makinaria.
Magníficas conferencias e boas experiencias as que se presentaron.

Miguel Hernández



Nació en Orihuela en 1910. Pertenecía a una familia humilde, y de niño se ocupó de los trabajos propios del campo.
Más tarde trabajó en una tienda y en una notaría. Recibió las primeras enseñanzas en la escuela de su pueblo,pero casi toda su cultura la recibió a través de la lectura y sus ansias de saber.
En 1934 se fue a Madrid donde trabajó como secretario y conoció a grandes poetas como Aleixandre y Neruda.
Tomó parte en la guerra civil del lado republicano. Al terminar el conflicto fue condenado a muerte,aunque se le rebajó la pena a treinta años.
A causa de una tuberculosis, murió en la cárcel de Alicante en 1942.
Obras
La poesía de Miguel Hernández es apasionada, llena de ardor y vehemencia que contagian al lector.
Dentro de sus obras podemos destacar:
· El rayo que no cesa, donde se concibe el amor como una tortura y un sentimiento trágico.
· Viento del pueblo. Libro de poemas de tipo político.
· Elegía a Ramón Sijé que le dedicó después de su muerte.
Cancionero y romancero de ausencias. Colección de poemas escritos en la cárcel, con un lenguaje nuevo inicio de un cambio de estilo que truncó su muerte prematura.


Cúmprense 100 anos da morte do gran poeta Miguel Hernández.

28/10/10

Recursos Samaín

Preme na imaxe

Cabazas divertidas


Bonitas cabazas as que nos prepararon as familias do noso alumnado para celebrar a festa do Samaín.
Moitas grazas pola participación e pola grande imaxinación que puxeron en realizalas.
Moi orixinais!

Contacontos








Menuda sorpresa!
Hoxe ao chegar ao colexio, Mino tíñanos preparado o conto de medo "Unha de lobos" para o alumnado de E.Infantil e 1º Ciclo de Primaria.
Moito medo hoxe na nosa Biblioteca!!!

27/10/10

Conto de medo


Día de lectura

O alumnado de 1º,2º e 6º de E.Primaria,fomos ler "Contos de medo" ao Parador de Baiona. Cando íamos subindo,levamos unha gran sorpresa!.Desde unha almena da Fortaleza apareceunos Mino disfrazado de lobo. Que medo......!!! Logo disfrazounos algún de nós e pasámolo moi ben. Ao chegar buscamos un sitio para ler,mentres o alumnado de 1º escoitaba contos de medo escenificados. Logo compartimos lecturas e inventamos un conto entre todos/as. Entramos no Parador e nunha sala moi bonita e no Claustro, Mino leunos o conto "Sacapenas". Tivemos un pequeno descanso para tomar o almorzo e un dulce, agasallo do Parador. Finalmente, o alumnado de 6º e 2º leron o conto rimado de Carmen Gil " La brujita Pimienta" e escenificamos o poema "O Sol".

Rematamos a saída xogando no parque da Palma.

Un día moi atafegado e moi divertido.

Grazas Mino pola túa creatividade e por facernos pasar tan bos momentos.

Ata a próxima!!!!!!!

26/10/10

Magosto









A partir da segunda quincena de Outubro celébranse nas aldeas os magostos ou reunións para asar e comer castañas na cociña dalgún veciño.As mozas adoitaban traer as castañas e os mozos o viño,e mentres,contábanse contos,propoñíanse adiviñas, xogábase e baílabase xunto á lareira.
Ás veces,os magostos celebrábanse a véspera do día de defuntos,quizais como recordo dos banquetes funerarios celtas onde os iniciados participaban do ritual lúdico de tisnárense coas castañas queimadas,símbolo da incineración do defunto.
Nos magostos galegos non podían faltar adiviñas sobre a castaña,tan coñecidas como esta:
Son verde e non son limón,
son moura e non son carbón,
son vermella e non son sangue,
son branca e non son papel.
Que cousa son?
Recollido do libro "Adiviñanceiro Popular Galego"

Lemos contos de medo no Parador



Preme na imaxe

Contos de medo


Como estamos a traballar "Os contos de medo",na Biblioteca do colexio podedes atopar moitos libros sobre dito tema.
Achegádevos,porque están esperando por vós.

Le e aprenderás un mogollón!

21/10/10

Me gusta leer




O noso proxecto

"Contos e historias para ler e contar"




A bruxa
ten ollos de bruxa
ten traxe de bruxa
e,de compañeira,
ten unha curuxa.
A bruxa Feluxa,
voando debuxa,
polo alto ceo,
¡unha garatuxa!
Ana Mª Fernández
1º Trimestre
Contos de medo
Traballaremos os seguintes libros:
E.Infantil: "Guille e os monstros" de Rocío Martín
1º Ciclo: " Fiz,o coleccionista de medos" de Fina Casalderrey
2º Ciclo: " A monstroescola" de Anxo Fariña
3º Ciclo: " Tres pasos polo misterio" de Agustín Fernández Paz
2º Trimestre
Contos clásicos
3º Trimestre
Contos populares
Estes contos traballarémolos coa colaboración das familias.

20/10/10

Día da Biblioteca


"Biblioteca escolar: un mundo de oportunidades"
Seguindo a dinámica iniciada en 2008, a Consellería de Educación difunde un cartel a comezos de outubro (que chegará aos centros nestes días), co fin de lembrar as posibilidades da biblioteca escolar, e apoiar a visibilidade do traballo que o profesorado dos centros vén realizando para facer útiles estes importantes recursos educativos. Manuel Lariño e Miguelanxo Prado puxeran imaxe aos carteis anteriores. Nesta ocasión é Marina Seoane quen aceptou o reto de ilustrar o lema proposto, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración). Pódese acceder ao seu blogue e coñecer algo máis da súa obra.
A biblioteca escolar, entendida como un espazo educativo pleno de oportunidades para a formación persoal e académica, pleno de posibilidades para a actuación docente; un lugar no que soñar e viaxar, un lugar presencial dende o que achegarse a mundos virtuais. Esa capacidade de estar presente no centro é a que facilita o achegamento de toda a comunidade educativa aos recursos, a que fai posible o encontro entre iguais pero tamén entre persoas distintas. Un lugar para o traballo, para o desenvolvemento desas competencias básicas indispensables para a vida persoal, académica e social. Un espazo, tamén, para a búsqueda e o achádego, para facerse preguntas e atopar respostas.

Un libro especial

3/10/10

Escríbenos Xoán Babarro

Xoán Babarro acórdase de Cormarín

Se vos acordades,o ano pasado,o 1º Ciclo de E.Primaria adaptou o libro "Cormarín" de Xoán Babarro,para unhas sesións de teatro escolar.
En vista do éxito,animámonos a mandarlle unhas fotos da representación ao escritor,e cal foi a nosa sorpresa,que a finais de Setembro recibimos o libro do autor,"Palabra era un universo paralelo", que ademais tiña esta bonita dedicatoria no libro.

Grazas a Xoán Babarro por esta bonita dedicatoria no seu libro.
O alumnado do 1º Ciclo fíxolle moita ilusión que un escritor tivera a deferencia de escribirlle unhas palabras.