26/12/11

As árbores dos desexos







O alumnado escribiu coa súa familia un desexo para Nadal.
Con todos os desexos realizamos varias árbores.

Visítanos Papá Noel






Que sorpresa levaron os nenos/as coa chegada de Papá Noel!

Carta a Agustín Fernández Paz

Fontes-Baíña, 15 de Decembro 2.011

Estimado Agustín: Despois de ler o teu libro “No corazón do bosque” e facer o traballo sobre el, quedamos encantados ao ver o teu comentario no noso blog.
Gustaríanos felicitarte polo libro; foi moi entretido e fácil de ler. O ano pasado lemos “Tres pasos polo misterio”, pareceunos emocionante , pero costounos un pouquiño máis.
Xunto coa carta mandámosche o traballo para que o teñas de recordo.
Se algún día quixeras visitarnos, estariamos encantados de recibirte, mellor este curso, para o próximo xa imos ó Instituto.
Aproveitando as datas que se achegan, desexamos que te visite o “Apalpador” e que deixe enriba da túa mesa FELICIDADE e mil historias para que nolas contes.

Grazas por poder disfrutar dos teus libros. Unha aperta de todos e todas

A mestra e o alumnado de 6º de Fontes-Baíña

15/12/11

2/12/11

No corazón do bosque







Fantástico traballo!!!
Parabéns para todos/as.

1/12/11

Recursos Constitución








Fichas Picasa

Fichas colorear

O día 6 de decembro celébrase o día da Constitución,que foi aprobada en referendo o ano 1978.