26/2/13

Acto no Día de Rosalía de Castro


Acto Rosalía 2013 - presentacion imagenes

Celebramos o "Día de Rosalía de Castro" recitando poemas.
O alumnado de 5º ilustrou a súa vida e fíxose unha proxección na sala de usos múltiples.

22/2/13

Día de Rosalía de Castro



Mural realizado polo alumnado de E.Infantil.



Rosalía 2013 - diapositivas

O día 24 de Febreiro celébrase o "Día de Rosalía de Castro" e o alumnado de 5º ilustrou a súa vida.
Moi bonito este traballo!!!
Parabéns para todos/as.

 

Saída a Vigo


Saída a Vigo - diapositivas

O alumnado de 2º,3º e 4º de E.Primaria foron a Vigo a ver a obra de teatro "Malas palabras".
Logo,visitaron o museo do Celta de Vigo,a sala de prensa na que fixeron de futbolistas e xornalistas,vestiarios,o túnel de saída e deron unha volta polo campo de fútbol.
Un día moi divertido para todos/as.

14/2/13

Entroido 2013


Este curso vai de poesía.
Entón os alumnos/as de 4º de E. Primaria disfrazáronse de poetas e bailaron "Carnaval Carnavalito". Os cursos de E. Infantil disfrazáronse de leóns e bailaron o poema " O león" do libro de Susa Herrera. O 1º Ciclo de E.Primaria fixeron unha parodia do traxe rexional e bailaron "Bailaches Carolina".
O 3º curso de E.Primaria representou o poema "Cómo se debuxa unha paisaxe" e disfrazáronse de árbores,río,sol,galo...
O 3º Ciclo de E.Primaria elexiu o poema "As campanas de Bastabales" de Rosalía de Castro e disfrazáronse de estrelas,campás,sol,emigrante...
Ao final queimouse un caco e comemos postres típicos do Entroido, feitos polas familias.
Estaban riquísimos!!!

1/2/13

Visítanos Susa Herrera



El libro es un álbum ilustrado que incorpora un CD y DVD con las 10 canciones que componen el libro y que tienen a 10 animales del Parque de la Naturaleza de Cabárceno como protagonista. Además del texto de las canciones de Susa Herrera y de las ilustraciones de Violeta Monreal se incluyen las partituras de los 10 temas y unas propuestas didácticas para poder trabajar en el aula.





Visita de Susa - diapositivas

Moitas grazas Susa por compartir este novo libro co alumnado e profesorado de Fontes.
A presentación foi sensacional.
Todos disfrutamos moito contigo.Eres xenial.
Conta con nós para o próximo libro.
Parabéns!!!

Día da Paz






Marcha solidaria - diapositivas

O alumnado do CEIP Fontes-Baíña o "Día da Paz" realizaron todas estas actividades.
- Diversos traballos sobre a Paz.
- Unha marcha solidaria
- Banco de alimentos que se entregarán en Cáritas de Baiona