28/2/11

O meco manda


Luns

Aínda que non vaias cociñar
un mandil o luns traerás.


Martes

O martes con trenzas
temos que vir,
para que todos/as podamos rir.


Mércores

Un cesto o mércores
tes que traer,
se algo queres recoller.

Xoves

Se Carapuchiña queres ser
saberás o que tes que traer.

Entroido


Peliqueiros de Laza

Os cigarróns de Verín

Madames e Galáns de Cobres

Felos de Maceda

Boteiros de Viana

Os xenerales de Ulla

As pantallas de Xinzo

1.Aínda que non se coñece con exactitude,estímase que o entroido naceu moitos anos A.C.,cando os campesiños,durante o verán reuníanse arredor dunha fogueira para agradecer a fertilidade do chan e protexer as colleitas dos malos espíritus.Para esta celebración,os homes decoraban os seus corpos con pinturas e tapaban os seus rostros.
2.A primeira festa do entroido ocorriu en Exipto.Durante esa celebración un grupo de persoas reuníase nas rúas para bailar e cantar.Todos usaban máscaras e vestían disfraces que lles permitían ocultar á clase social a que pertencían.
3.Os antigos romanos celebraban o comezo da primavera.Esta festa bautizouse como Carrus Navalis xa que durante o seu transcurso,Baco,o deus do viño,pasaba polas rúas enriba dun barco con rodas.Durante este festexo a xente bailaba e divertíase arredor do barco.
4.Posteriormente a festa do entroido chega ata Venecia,Italia,e dende esa cidade estendeuse rápidamente a outros países do mundo.Desde entón,esta celebración desenrólase nos días anteriores a cuaresma cristiana.
5.En España,na época dos Reis Católicos era costume disfrazarse para facer bromas en lugares públicos,pero no ano 1523 Carlos I prohibiu as máscaras,xa que consideraba que o seu uso atentaba contra as medidas de seguridade e a identificación das persoas.Felipe II seguiu o seu exemplo e posteriormente Felipe IV restaurou o costume da festa e do uso das máscaras.
6.Na actualidade,o entroido celébrase na maioría dos países do mundo.Son famosos os de Brasil,
Venecia,Tenerife,Cádiz e en Galicia,os de Ourense.
Revista Maestra de Primaria.

26/2/11

Recursos Entroido


Un excelente material que recopila una buena selección de las más útiles ideas para el caso es “Disfraces divertidos para niños” libro de Emma Hardy, una edición que cuenta con una gran cantidad de diseños originales y divertidos para todos los gustos y estilos, seguro que tu niño encontrará allí el disfraz de sus sueños.

En este libro encontrarán hasta 15 disfraces de sus personajes de cuento e historias favoritas. Fabricados con lo que todos tenemos a mano en casa y fotografiados para demostrar que disfrazarse en un momento es mucho más fácil de lo que parece.

Para familias con niños de 3 a 9 años. Piratas y sirenas, reyes y princesas, bailarinas y superhéroes. Aquí encontrarás disfraces para cualquier ocasión. No es necesario ser un genio de la costura: verás cuánto partido le puedes sacar a algunos materiales cotidianos, con resultados espectaculares. Además, tu hijo puede colaborar contigo en algunas de las tareas: pintar, recortar, pegar... ¡Se lo pasará en grande!

El libro se divide en 7 partes: Príncipes y princesas, Animalitos, Grandes animales, ¡Qué miedo!, ¡Fiesta!, Aventuras y ¡Viajando! para ambientar el carnaval, la nochevieja, las fiestas... ¡o cualquier tarde de lluvia! Con fotografías y paso a paso ilustrado. Autora: Pilar Cebrián.

Disfrazalia
Para facer un disfraz en tres pasos.

Caretas e antifaces

25/2/11

Festa da Arribada



Este libro realizouse coa colaboración das familias no curso 2008 - 2009 e agora atópase na nosa Biblioteca.
Queremos que o noso alumnado o coñeza para que entenda o motivo da Festa da Arribada.
O día 16 de Xaneiro de 1493, as carabelas Pinta e Niña, ao mando de Martín Alonso Pinzón e Cristóbal Colón abandonaron as terras descubertas e retornaron a España.
A Pinta chegou a Baiona o día 1 de Marzo de 1493 e dende aquí partiron uns mensaxeiros para dar a coñecer aos Reis Católicos o descubrimento de América.
Para conmemorar que Baiona foi a primeira poboación do vello continente en coñecer a existencia de América,celébrase a Festa Medieval onde podemos ver:mercado medieval, damas e cabaleiros, romanceiros, torneos, tiro con arco, concertos...

Os Narigudos





Hoxe,fomos a ver "Os Narigudos" da compañía teatral Tanxarina ao Centro Cultural Novacaixa.
Foi un espectáculo de bonecos con moito humor e cancións en directo,que resaltaban valores como a comunicación,o amor,o respecto mutuo e o compañerismo.
O saír,fomos a ver unha exposición de pintura de Caravaggio,Rubens,Willian Turner e unha escultura de Miguel Ángel.
Ao alumnado do 1º Ciclo gustáronlle moito estas actividades.
Pasaron un día moi divertido,aprendendo moitas cousas.

22/2/11

Catarina,o oso e Pedro


Catalina e o Oso reciben a visita do seu curmán Pedro, saúdanse e saen sen rumbo polo mundo...
Viaxan facendo carreiras, a veces en carro, a veces moi lento e outras moi rápido.



Este ano comezamos coa lectura das familias ao noso alumnado;pero decidimos que sería moi bonito que nos contaran o conto toda a familia.
Comezamos pola familia de Anaís,unha alumna de primeiro,que xunto ao seu irmán,Adrián,e a súa nai,Mª José,nos escenificaron o conto "Catarina,o oso e Pedro".
Quedamos abraiados pola representación tan bonita que fixeron para nós.
Noraboa a toda a familia.

20/2/11

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de Febreiro, celébrase "O día de Rosalía de Castro".
Naceu en Santiago de Compostela e morreu en Padrón.
Criárona unhas tías, na aldea de Ortoño.
Escribiu os primeiros versos a idade de 12 anos.
Lía moito e escribía moi ben.Gustáballe o debuxo,a música e a declamación.
Casou con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia.
As obras de Rosalía e Bècquer,son o mellor froito tardío do Romanticismo español na vertente máis ensimismada e lírica, e representa unha contribución esencial nos primeiros momentos do renacemento literario galego.

Obras da autora:
-La flor(1857),(O seu primeiro libro de versos)
-La hija del mar(1859),(Novela)
-A mi madre(1863),(Libro de versos en Castelán)
-Cantares gallegos(1863),(Libro de versos en galego)
-Ruinas(1866),(Novela)
-El caballero de las botas azules(1867)´(Novela en castelán)
-Flavio(1867),(Novela)
-Follas Novas(1880),(Libro de poesías en galego)
-El primer loco (1881),(Cuento)
-En las orillas del Sar(1884),(Libro de versos en castelán)

Poema
Vente,rapasa,
vente,miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente,Minguiño,
Minguiño,vente;
douche sinón
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor,criatura.
Cantares Gallegos
Para saber máis
Preme nos enunciados

18/2/11

Le connosco


Un curso máis as familias achéganse ao colexio a lerlles ao alumnado.

glitter-graphics.com

El libro de La Paz


Paz es viajar a muchos lugares
Paz es dar calor
Paz es que todo el mundo tenga un hogar
Abre este libro y leerás muchas cosas sobre la paz




Hoxe, na hora de lectura, Anais presentounos o conto "El libro de la Paz".
Leron o conto: Xandre, Carlota, Alba e Aldara.
Estes alumnos/as de primeiro, xa aprenderon a ler e quixeron sorprendernos con este conto.
Felicitámolos porque elexiron un conto moi bonito e ademais quedamos encantados de que prepararan este conto para nós.
Sodes uns campeóns!!!

15/2/11

O Principiño

Preme na imaxe para realizar a webquest.

Webquest elaborada por MARTA GARCIA CIMADEVILA.

Resumen: Un libro para todas as idades repleto de melancolía, fantasía, misterio e sabedoría, que o converten nunha obra mestra. Este é un libro fundamental da literatura universal. Trata da historia dun neno, príncipe nun planeta sen xente, que un día abandona o seu reino desenganado dunha flor da cal está enamorado. Na viaxe que emprende por distintos planetas coñece sucesivamente a un rei, un vaidoso, un bebedor, un home de negocios, un faroleiro e un xeógrafo. Finalmente chega á terra, onde atopa a unha flor, un raposo, un garda-agullas, un comerciante e un aviador caído no deserto que trata de arranxar a avería do motor do seu avión. O home e o neno falan e fanse amigos, pero o pequeno quere volver ó seu planeta, onde está a súa flor, e déixase morder por unha serpe velenosa. Non é este o episodio menos enigmático e misterioso dun libro que todo el é un puro misterio. A tradución galega de Carlos Casares é hoxe considerada unanimemente como unha auténtica xoia literaria.
O libro do Principiño foi escrito por Antoine de Saint-Exupéry.
O alumnado do 3º Ciclo de Primaria, están a traballar este libro.

14/2/11

Concurso




O alumnado do 1º Ciclo terá que coñecer o título de cinco contos clásicos.
O alumnado do 2º e 3º Ciclo recoñecerá dez contos clásicos.
O alumnado de E.infantil pintará dous personaxes de contos e recoñecerá os títulos.
A participar!!!

13/2/11

Velocidad lectora

Preme nas imaxes.




Pruebas online de velocidad lectora y comprensión.

11/2/11

Coñecemos os volcáns

Preme na imaxe para saber máis sobre os volcáns.




Hoxe,un alumno de 4º de E.Primaria , Brais Costas , explicoulle aos seus compañeiros/as e o alumnado de E. Infantil e 1º ciclo de Primaria como actúa un volcán.
Construíuno na casa e logo realizou os seguintes experimentos:
-Botou bicarbonato, pementón, vinagre e xabón e o alumnado viu o que saía polo volcán.
Maxia!!
-Logo,botou bicarbonato e vinagre nunha botella e inflou un globo.
Felicitamos a Brais pola extraordinaria exposición que fixo e a súa nai,Sandra,por axudarlle a realizar estas actividades tan interesantes.

Sabias que :
-O Kilimanjaro é un volcán que se chama "o teito de África" porque é a cumbre máis alta deste continente e está cuberto de neve.
-O volcán máis activo e perigoso de Europa é o Vesubio.
-O Estrómboli é unha illa volcánica de Italia.Chámase así porque na antigüedade dicíase que o Estrómboli era a casa do deus dos ventos, Eolo.
-O Etna é o volcán activo máis alto de Europa.
-A maioria dos volcáns rodea o Océano Pacífico como un cinturón.

Os peques len


Hoxe é o aniversario de Mario e Alba está invitada a merendar na súa casa. Aínda non sabe que regalarlle e polo camiño vai pensando nun agasallo para o seu amigo. A ela ocórrenselle moitas cousas, pero non é fácil decidirse cando se quere algo especial.




Na hora do recreo,a alumna de 2º curso, Ángela Rodríguez, leu para o alumnado do 1º Ciclo de Primaria o conto "Coas mans baleiras".
Tódolos venres, na hora de ler, facemos esta actividade que lles gusta moito.
Noraboa a Ángela, porque leu moi ben aos seus compañeiros/as.

10/2/11

Internet segura


Preme na imaxe para xogar
Internet está cheo de contidos que non sempre son aptos para certas idades,polo que debemos asegurar o seu acceso

Hada Luna lee

Preme na imaxe
Hada Luna lee contiene:
.Cuentos de autores famosos (Hans Christian,Andersen,hermanos Grimm...)
.Cuentos de hadas y populares (Africanos,españoles,rusos...)
.Leyendas
.Poemas
.Tus obras
Moi interesante para o noso alumnado que está a traballar "Os contos"

9/2/11

Os contos do camiño


O libro "Os Contos do Camiño" recolle as ilustracións de relatos tradicionais de pobos polos que pasa a ruta.
"Os Contos do Camiño" estivo dirixido a escolares de Educación Infantil e Primaria nos que se pretendeu "espertar e alimentar" a curiosidade por viaxar, coñecer persoas doutras culturas e achegarse aos contos e á tradición oral do patrimonio cultural e artístico europeo.
Por iso, as actividades incidiron no Camiño de Santiago como "principal e primeiro" itinerario cultural que atravesa Europa e que congrega persoas "de distintas culturas, razas e países".

8/2/11

Día da Paz en E.Infantil




• Os nenos e nenas de 3 e 4 anos fixemos unha árbore da paz con papel continuo, e colgámoslle unhas pombas nas polas. As pombas coloreámolas con ceras e despois picámolas co punzón.
• Gústanos moito ler contos debaixo da árbore da paz.
• Fixemos unhas pombas con anaquiños de papel de revista.
• O día da paz fixemos un colgante de pomba.
• Esta semana bailamos unha canción chea de bicos e apertas.

Celebramos o Día da Paz







"Cóntame contos que falen de Paz"
Este ano,estamos a traballar no 2º trimestre,"Os contos".
Entón,decidimos poñer slogans sobre a paz aos personaxes dos nosos contos.
Os slogans foron:
- Ser valente en situacións difíciles.
- Apoiar o que pida axuda.
- Denunciar as inxusticias.
- Amar é preocuparse por outros.
- Os ollos están cegos.Hai que buscar co corazón amor.
- Soamente se ve ben co corazón.
- A paz comeza cun sorriso.
- A paz comeza por cada un de Nós.
- A paz é ser amigo de todos/as.
O alumnado de 6º tamén buscou información sobre algúns pacifistas.
. Nelson Mandela:
"A educación é a arma máis poderosa que poden usar para cambiar o mundo".
. Martín Luther-King:
"Teño un sono,un só soño,
seguir soñando
Soñar co liberdade
Soñar con xustiza
Soñar con igualdade
e oxalá xa non tivera a necesidade de soñalo"
. Mahatma Gandhi :
"Non hai camiño para a paz,a paz é o camiño"
. Rigoberta Menchu:
"A paz non é soamente ausencia de guerras,mentres haxa pobreza,racismo,discriminación e exclusión dificilmente poderemos alcanzar un mundo de paz"



Así nos quedou a nosa paisaxe cos personaxes dos contos desexando paz.