29/4/16

Lectura de contos


Lectura de contos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Moitísimas grazas, Mª Xosé, por compartir con nós un ano máis libros de contos co noso alumnado.
Como sempre , estaba a sala chea.
Estiveches xenial!!!
Pasámolo moi ben!!
Nenos/as, seguide lendo e escoitando contos porque pasaredes ratos moi divertidos ademais de aprender moitas cousas.

Non vos esquezades ,“ UN LIBRO, UN AMIGO”

28/4/16

Conto de contos



O venres,outra nova lectura na hora do recreo.
Non vos esquezades!!!

27/4/16

Letras Galegas 2016

 

Preme na imaxe para ver as actividades

Outras páxinas.


Libros interesantes


Preme na imaxe para coñecer 10 libros que explican aos nenos/as o drama dos refuxiados.

Contacontos


Contacontos 2 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Hoxe visitounos un gran druida, Miguel, alumno da Escola  Universitaria de Vigo, para contarnos os contos ” Lobo Feroz” e “Os tres bandidos”.
Felicitámolo, porque nos meteu no seu bosque encantado e pasamos un rato moi divertido.
Agora tócanos a nós facer algo para que Miguel vexa que sabemos facer cousas moi bonitas.
Xa somos druidas como Miguel e en breve visitaranos para recoller o seu traballo ,que estamos a realizar.
Grazas Miguel ,por contar con nós. Tamén a túa profe Sandra, por falarche do noso cole para realizar a túa experiencia.

Ata a próxima vez!!!

26/4/16

Contacontos



Clavos

O xoves, outra nova lectura na hora do recreo.
Non vos esquezades!!!.

Contacontos


Outra nova lectura na hora do recreo.
Non vos esquezades!!!

25/4/16

Día do Libro


Lectura dramatizada - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

O día 22 de Abril con motivo da celebración do Día do Libro, o concello de Baiona, a través da Concellalía de Educación,organizou unha actividade para o alumnado de 6º de E.Primaria de todos os centros de Baiona,que consistiu:
- Lectura dramatizada dalgunhas das obras de Cervantes de modo itinerante polo casco histórico de Baiona.
- Representación dunha obra teatral de Shakespeare no xardín da Casa Museo da Navegación.
- Visita guiada á Casa Museo da Navegación.
Sensacional e fantástica actuación!!! 

Obradoiros con Xosé Tomás


Xosé Tomás - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Este obradoiro foi impartido polo creativo e xenial ilustrador Xosé Tomás.
Tivemos dúas  sesións:
Unha sesión para 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria e outra para E.Infantil e 1º e 2º de E.Primaria.
O alumnado aprendeu: as partes dun álbum ilustrado,como se fan historias,como se fan libros e personaxes.
Tamén aprenderon que os escritores son moi importantes,pero non son menos que os ilustradores,porque as ilustracións dun libro comunican moitas cousas.
O alumnado realizou un personaxe seguindo os consellos de Xosé Tomás e logo puxéronlle un nome.
Foi un obradoiro fantástico,onde os nenos/as ademais de pasalo xenial aprenderon moitísimo.
Xosé Tomás impatizou moi ben con todos eles e rematou asinando libros aqueles nenos/as que os trouxeron.
Un día fantástico para festexar o Día do Libro.

24/4/16

Quinteto de viento


Quinteto de viento - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Realizado polo alumnado de 4º deste curso e do curso pasado.
Preciosos!!!!

Contacontos


Mañá,na hora do recreo, lerase este conto.
Non vos esquezades de asistir.

16/4/16

Xosé Tomás, ilustrador




Preme nas imaxes para coñecelo mellor.

O día 22 de Abril, para festexaer o Día do Libro recibiremos  con moito entusiasmo a este gran ilustrador.

Outras páxinas

xosé tomás
(Betanzos 1971) ilustrador, humorista gráfico, guionista e profesor de ensino secundario no CPI Manuel Suárez Marquier do Rosal (inglés)
O groso da súa obra sitúase na ilustración infantil e xuvenil : O caderno azul (xerais),El niño que tenía miedo de los robots / El robot que tenía miedo de los niños ( Edebé ) ,María é maior (Baía), O pirata Metepata (Baía), Sabeliña e os ratos (Galaxia ), Misterio en Guernica (Baía), O soñador (Baía), Un conto de reis e de nadal (xerais), O afundimento do Titánic ( Baía), Un fantasma en el colegio (Edebé), O monstro dos Ancares(Galaxia), Orballo da mañá (Baía), Un marciano neste mundo (Baía), O lume dos soños (Baía), O tempo ao revés (Baía), Boasorte (Baía), Flis-fli-ris-flas(Galaxia), Carolina e os caracois (Baía),Cando eu saiba ler(Galaxia), Quero que veñan meus pais!(Embora), O arco da vella(Xerais), El gran libro de relatos de piratas y corsarios(Parrramón) Rodribico e a noite (Baia), Rodribico aprende a voar (Baía), Rodribico e o mar (Baía), Rodribico vai ao circo (Baía), Rodribico visita a cidade (Baía), Antón, si tal! (Baía), Chispo, o esquío que venceu ao frío (Galaxia), O souto escuro e perigoso (Xerais), Cos ollos do avó (Embora), Os amigos de Santi (Galaxia), Vou ter un irmán (Galaxia), Jo de major vull ser... (Bromera), Lluvia de ranas (Planeta), Exeria, nos límites do mundo (AS-PG), O peizoque Roque (Galaxia), Verdedades (Biblos), Universo Pitágora (Biblos), O agasallo de Anya (Galaxia), Fadita fosca! (Baía), O grilo Míllelo (Embora), A burra Ramona (Baía), Palabras de Mar (Embora), Manual de Educación (Nova Galicia), Manual del Bullying (Nova Galicia), Manual de Seguridad Vial (Nova Galicia), Coller as rendas (Xerais) entre outros, ademais de libros de texto para diferentes editoras.

En 2010 a Asociación de Editores de Galicia concedeulle o Premio Isaac Díaz Pardo ao mellor album ilustrado do ano, e en 2012 recibe o Premio Fervenzas Literarias ao mellor ilustrador do ano. En banda deseñada realiza a obra “Tolos”, para a Universidade da Coruña, e tamén “Compañeiros”, encargo da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, así como o Proxecto Terra (Colexio de Arquitectos de Galicia), A Historia nunca contada de Mendel (Fundación Barrié), Historias de betanzos, tomos I e II (Concello de Betanzos), Nómades (Galaxia) ou a serie Preventigirl (Fundación Fesan). Publica asiduamente viñetas cómica para La Voz de Galicia; tamén fai humor gráfico para as revistas Tempos Novos e a Revista Galega de Educación (coa sección “Docentes-doentes”), e publica as series Roberto Rosetta e os investigadores do sobrenatural (Diario de Pontevedra, El Progreso), Luzbell, o demo bombilla (Diario de Pontevedra), Narciso and Friends (Diario de Pontevedra). Traballa igualmente o cartelismo didáctico, e estende o seu labor ao mundo dos materiais multimedia, con traballos como Flis-fli-ris-flas CDRom (Galaxia), www.cooperativasdegalicia.com, A Estrada Dixital (Concello da Estrada), Portal Contidos Educativos (Consellería Educación - Xunta de Galicia), Dicionario Visual Interactivo (Consellería de Educación - Xunta de Galicia). Prevenio (Protección Civil – Galicia), A Guerra das Bruxas (Edebé-Rodeira), Visita o teu Campus (Universidade da Coruña), CaminANDO (DGT - Ministerio del Interior), entre outros. Recentemente ten ilustrado o xogo didáctico PEREGRINUS, de Galileo Nenos

 Imparte con regularidade obradoiros de ilustración e banda deseñada en bibliotecas, concellos, hospitais e centros de ensino primario e secundario para profesores e alumnos, e colabora na formación dos docentes (a través dos Centros de Formación do Profesorado e de movementos de renovación pedagóxica) nos usos didácticos do cómic e a ilustración. Ten sido enviado pola Xunta de Galicia como ilustrador infantil á Feira do Libro de La Habana para presentar o panorama da ilustracion infantil e impartir diversas charlas e obradoiros didácticos. Así mesmo, a Embaixada de España en Nixeria convocouno para impartir un curso de ilustración infantil a profesionais nixerianos, e ten intervido no ano 2010 no Colexio Español de Lisboa coa celebración de actividades didácticas a escolares arredor da ilustración e o cómic. En 2012 é convidado por Gálix (subsección do IBBY) a impartir un relatorio no congreso de IBBY en Londres sobre o papel da ilustración na tradución da literatura infantil galega, e en 2014 é seleccionado pola Xunta de Galicia e a AGPI como ilustrador convidado á FEIRA DO LIBRO DE FRANKFORT, onde imparte charlas e obradoiros arredor da ilustración e a banda deseñada. É membro do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Actualmente está a realizar a súa tese doutoral sobre o papel interventor do ilustrador nos álbumes infantís ilustrados.
En 2013 creou, xunto con BIBLOS CLUBE DE LECTORES, os obradoiros de ilustración e banda deseñada BIBLOS, que se imparten de maneira ininterrumpida durante todo o ano na libraría BIBLOS, de Betanzos.

           Recollido de Diverxe
            Obradoiros creativos para centros de ensino

Algúns dos libros ilustrados por Xosé Tomás














































14/4/16

Biblioteca Municipal


Dende a Concellería de Educación enviáronnos  estas actividades que se realizarán ao longo de todo o mes de Abril.

6/4/16

Aulas ciclistas


Aula ciclista - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Aulas de ciclismo
O mércores, 30 de Marzo,os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º de
E.Primaria tiveron unha charla impartida por un ex-ciclista
profesional, Ramón Troncoso, que lles explicou as nocións básicas
de seguridade vial.
A segunda sesión, foi unha clase práctica, na que se puxeron a proba as súas habilidades mediante a realización de gymkhanas
deseñadas para realizar no patio do colexio.
Os nenos/as seleccionados participarán percorrendo 2-3 kilómetros polos que pasarán pouco despois os ciclistas profesionais  que estén disputando o final de etapa da Volta Ciclista a España con chegada a Baiona.Todos os asistentes recibirán agasallos e os que mellor fagan o percorrido irán ao mesmo pòdium ao que subirá despois o vencedor da etapa e o líder da carreira profesional.Tanto os nenos/as e os seus pais contarán cunha zona especial para que poidan disfrutar do acontecemento deportivo.

Moitas grazas Ramoón polo traballo realizado co noso alumnado.


Listado do alumnado seleccionado para participar na Volta Junior,
que se celebrará en Baiona o mesmo día da chegada da Volta Ciclista a España.
3º Ed.Primaria
   .Duarte Báez,Araceli Asunción
   .Míguez Diz, Nicolás
   .Rodríguez Miniño, Matías
   .Silva Durán, Nerea
4º Ed.Primaria
   .Lemos Älvarez,Brais
   .Martínez González,Ángela
   .Mijón Carbajo,Hugo
   .Suárez Rial,Alba
5º Ed.Primaria
   .Dasilva Pérez,Guillermo
   .Lijó Chamorro,Alba
   .Penedo Rodríguez,Hector
   .Vilar Domínguez,Noelia

6º Ed.Primaria
   .Comesaña Fernández,Anais
   .Dominguez Miniño,Miguel
   .Mondelo Fernández,Carlota
   .Rodríguez Pérez,Rubén


Preme na imaxe

Noraboa a todos os nenos/as seleccionados