20/2/11

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de Febreiro, celébrase "O día de Rosalía de Castro".
Naceu en Santiago de Compostela e morreu en Padrón.
Criárona unhas tías, na aldea de Ortoño.
Escribiu os primeiros versos a idade de 12 anos.
Lía moito e escribía moi ben.Gustáballe o debuxo,a música e a declamación.
Casou con Manuel Martínez Murguía, erudito cronista de Galicia.
As obras de Rosalía e Bècquer,son o mellor froito tardío do Romanticismo español na vertente máis ensimismada e lírica, e representa unha contribución esencial nos primeiros momentos do renacemento literario galego.

Obras da autora:
-La flor(1857),(O seu primeiro libro de versos)
-La hija del mar(1859),(Novela)
-A mi madre(1863),(Libro de versos en Castelán)
-Cantares gallegos(1863),(Libro de versos en galego)
-Ruinas(1866),(Novela)
-El caballero de las botas azules(1867)´(Novela en castelán)
-Flavio(1867),(Novela)
-Follas Novas(1880),(Libro de poesías en galego)
-El primer loco (1881),(Cuento)
-En las orillas del Sar(1884),(Libro de versos en castelán)

Poema
Vente,rapasa,
vente,miniña,
vente a lavar
no pilón da fontiña.
Vente,Minguiño,
Minguiño,vente;
douche sinón
polo demo do dente.
¡Que auga tan limpa!
¡Que rica frescura!
Vente a lavar,
que é un primor,criatura.
Cantares Gallegos
Para saber máis
Preme nos enunciados

No hay comentarios: