12/12/09

Xoguetes non sexistas



O alumnado do 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, divertíronse moito o pasado11 de Decembro recibindo "xoguetes ao revés". Según os seus criterios os nenos recibían xoguetes de nenas e as nenas de nenos.Case se convenceron ao final de que o máis importante non é o camión ou a boneca, nin o rosa ou o azul, ni tan sequera o neno ou a nena. O máis importante é divertirse moito con calquera xoguete e ser moi felices.
Todo o alumnado recibiu un agasallo das dúas axentes de igualdade que nos acompañaron e crearon co alumnado xoguetes utilizando materiais de desfeito.Grazas.

No hay comentarios: