19/12/09

Belén con sabor a mar










Unha das tradicións máis arraigadas do Nadal é o Belén. Aproveitando esta circunstancia e o proxecto de “O mar de historias” que se esta traballando no noso colexio construímos un belén que relaciona os dous conceptos. Ademais realizouse con material de desfeito para facer reflexionar aos alumnos/as sobre o importante que é a reutilización de materiais e a posterior reciclaxe dos mesmos, e tamén sobre o innecesario do consumismo compulsivo que se dá en datas como estas. Para rematar esta experiencia ten como obxectivo que os/as alumnos/as valoren o traballo individual que o achegalo o conxunto convértese nunha parte importante do mesmo pero que á súa vez non tería sentido sen o dos demais .

1 comentario:

Mik dijo...

¡Que bonito! Un traballo colaborativo cuns resultados excelentes. PARABÉNS!