13/12/09

Visita dun escritor e dun ilustrador


O día 10 de Decembro,o escritor Ramón Caride tivo un encontro cos nenos e nenas do 1º e 2º Ciclo de E.Primaria.
Faloulles da súa vida e contoulles un conto aos máis pequenos.
Ao alumnado do 2º Ciclo faloulles de que o contido do libro "O cabo da Serpe"estaba relacionado co afundimento, hai anos,do"Prestige"e dalgunhas curiosidades que lle xurdiron mentres o escribía. Logo, contoulles o conto "O tareco de Sara"e explicoulles como coa palabra tareco,que él conservaba desde moi pequeno podíase escribir un conto para nenos e nenas.
A continuación o alumnado fíxolle preguntas e firmoulles o libro.
O ilustrador Eduardo Baamonde,contoulles ao alumnado como fixera os debuxos do conto "O cabo da Serpe".
Tamén lles falou do que representaban e preguntoulles se lles gustaran.
Ensinou aos nenos e nenas na pizarra como partindo dun cadrado,círculo,rectángulo... podían aprender a debuxar.
Logo, para desenrolar a súa imaxinación mandou debuxar a algúns nenos/as o que se lles ocorría na pizarra, mentres él os orientaba e axudaba a rematar o debuxo.
Rematou contestando ás preguntas e firmando os libros que ilustrara.
Todo o alumnado pasou un rato moi agradable.
Grazas aos dous pola súa visita.
A Ramón Caride esperámolo outra vez en Xaneiro para ter outro encontro co alumnado do 3º Ciclo de Primaria.

1 comentario:

Mik dijo...

¡FANTÁSTICO! Que os nenos e nenas teñan contacto cos artífices da historia que leron é a mellos maneira de completar unha experiencia lectora. Parab´çens!