Con este título, “A Toponimia do Val Miñor”,a Comunidade Escolar de Camos organizou unha exposición, que debido o seu gran interese, o Instituto de Estudos Miñoranos ofertou a tódalas Comunidades Educativas do Sur de Pontevedra.
Os promotores da idea foron un pai, Xosé Loís Vilar e unha mestra, Pilar Barreiro. Recibiron varios premios pola súa iniciativa
No CEIP de Fontes, a exposición foi inaugurada polo propio Xose Lois o 12 de febreiro e permaneceu na Sala de Usos Múltiples ata finais de mes.
A exposición constaba de dúas partes ben diferenciadas:
Por unha banda, estaba a cartelería, formada por 3 paneis xerais, 4 paneis alusivos a toponimia da terra e 4 que traballaban a toponimia do ma.
Por outra banda, tiña a vertente didáctico-pedagóxica que constaba de xogos, como o enredate, a pesca de topónimos, xogos de asociación, o tragabolas, e a debuxar topónimos
Foi visitada por todo o alumnado e profesorado. !Que ben o pasamos¡
8/4/08
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario