É moi importante traballar coa prensa na escola,para que os nenos/as coñezan o que ocorre o seu arredor e as noticias que acontecen máis lonxe,para estar ben informados.
M.McLuhan,reivindica unha escola sen muros no sentido de estar aberta a realidade,que facilite o coñecemento do entorno económico,social e cultural.
Debemos manipular os xornais de forma lúdica.No colexio durante varias semanas estivemos seleccionando noticias e comentándoas,coñecendo as diferentes seccións dun xornal,recortando e compoñendo titulares,escribindo pés de foto,inventando anuncios,redactando noticias...
Debemos acostumar os nenos/as a analizar,comparar e xuzgar actitudes e comportamentos,a que diferencien entre información e opinión,a que sexan reflexivos e críticos e a que comprendan os textos que len.
No hay comentarios:
Publicar un comentario