6/4/08

Festa da Arribada


Nesta festa os baioneses/as conmemoramos a Arribada da Carabela "A Pinta".

É unha festa moi bonita.Nas rúas do casco antigo hai moitos tenderetes de apariencia medieval.Os mercaderes van vestidos de época e moitos baioneses/as vestímonos tamén.As rúas están moi animadas con bufóns,malabaristas,cegos,magos... Nas prazas hai moitas actividades e xogos infantís populares da época medieval;talleres artesanais: ferreiros,alfareiros,canteiros....

Na praia da Ribeira hai teatro,torneos a cabalo,tiro con arco e exhibicións de aves.

4º de Primaria

No hay comentarios: