"Os libros iluminan, o coñecemento encanta"
A busca de coñecemento mediante a lectura debe ser unha prioridade e é fundamental estimulala dende a infancia.Na miña opinión, sobre a base dunha cultura e tradición sublimes, dende tempos inmemoriais inculcouse nos nenos thailandeses o desexo de adquirir coñecemento por medio da lectura. Os pais son os seus primeros mestres e os relixiosos son os seus mentores éticos, os que guían e educan intelectual e mentalmente aos mozos tanto en asuntos terreais como espirituais.Para crear esta pintura inspireime en recoñecidas tradicións thailandesas, que comprenden dende a narración de contos aos nenos ata a aprendizaxe mediante a lectura de textos escritos sobre follas de palmeira que se colocan sobre pequenas mesas pregables deseñadas exclusivamente co propósito de ler.Os contos escritos sobre follas de palmeira adoitan provir da tradición budista. Relatan a vida de Buda e transmiten as historias dos "jatakas"* coa noble intención de cultivar as mentes novas e infundir nelas fe, imaxinación e principios morais.
Chakrabhand Posayakrit
Chakrabhand Posayakrit
No hay comentarios:
Publicar un comentario