19/1/15

Saída a Vigo


Saída a Vigo

O luns, 12 de xaneiro, o alumnado de 4º, 5º e 6º do Centro, viaxamos ata Vigo para realizar dúas actividades:
A primeira actividade tivo lugar no Centro Cultural de Vigo, onde asistimos como espectadores á representación da obra Spinderella,   levada a cabo pola compañía Blue Mango Theatre. Nesta divertida comedia  en inglés,nárrase como  a protagonista Cindy, que sempre está cociñando e limpando, verá cumprido o seu sono de ser unha estrela do pop.  Despois dunha  hora, ao rematar a representación, démonos conta que esta comedia era unha moderna versión do clásico conto de Cenicienta. Ademais no espectáculo tratáronse temas como a boa alimentación, a vida activa e a loitar polos nosos sonos.
A continuación, asistimos na Fundación do Centro Cultural a exposición fotográfica “O viño do mar. Rías Baixas”, que reúne una selección de trinta imaxes do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato., nas que estaban plasmadas todo o mundo da vendima.
Por último, participamos  nun taller na que fichemos o proceso de esmagado da uva e obtivemos o zume que trouxemos ao cole esperando que dentro de tres ou catro meses  fermente e teñamos viño.
Que día tan divertido pasamos!



No hay comentarios: