19/1/15

Saída a Baiona


Saída a Baiona 2014 - Kizoa Movie Maker


Saída a Baiona

O venres, 16 de xaneiro, as Equipas de Normalización Lingüística dos Centros Educativos do Val Miñor organizaron unha xornada de teatro no Auditorio V Centenario de Baiona para o alumnado de 5º e 6º .
O espectáculo, “Memoria das memorias dun neno labrego” é unha adaptación teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas,e é un monólogo escénico-narrativo, dirixido e interpretado por Cándido Pazó.
'Memoria das memorias dun neno labrego' parte das historias de Balbino contidas no libro de Neira Vilas para chegar ao espectador de forma tan directa coma nunha sesión de narración oral.
         Grazas a Cándido Pazó, agora todos sabemos que temos que loitar para apartar do noso camiño todas as pedras que atopemos nel.

         Foi unha xornada de teatro espectacular!

No hay comentarios: