Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá,
mentres a muxían, a vaca Linda fitaba nerviosa e impaciente cara ao exterior da
granxa. Porque había algo que a Linda lle gustaba máis ca nada no mundo. O seu
maior pracer consistía en meterlle un susto ao carteiro e escorrentalo da
granxa. Cada día, Linda agachábase nun sitio distinto e sempre conseguía o seu
obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba desquiciado e incapaz de seguir co
seu traballo.
Linda - Kizoa Movie Maker
Parabéns para Delia,nai de Miguel,un alumno de 5º de E.Primaria,por contarnos este conto tan bonito,na hora do recreo.
A Biblioteca estaba a tope!!!
Encantounos o conto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario