Preme na imaxe
Culturgal celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra,do 5 ao 7 de decembro.
Espazo libros
A CIDADE DOS NENOS, de Francesco Tonucci, é o libro no que o prestixioso educador e psicopedagogo italiano explica a iniciativa que levou a cabo en 1991 na súa cidade natal de Fano. Moitas cidades latinoamericanas e europeas -entre elas Pontevedra- sumáronse a ese novo xeito de pensar a cidade como un espazo planificado e construído á medida da infancia e, por extensión, que redunda nunha maior calidade de vida para todos.
Paco Nogueiras segue brincando por toda Galicia coas cancións do libro-disco BRINCA VAI!, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por Sr. Sagüillo. O autor de composicións como “Meu o mundo é!”, todo un himno a prol da lingua galega, repasará unha parte importante do repertorio deste traballo, con música en directo e moito humor.
NON HAI BERCE COMA O COLO é un libro-disco de arrolos tradicionais procedentes de diversos puntos da nosa xeografía. Magoia Bodega e Paulo Nogueira, do grupo Treixadura, dirixen este proxecto, que conta coa colaboración de destacados intérpretes galegos, como Mini Rivas, que tamén asina o prólogo da obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario