4/11/11

Samaín en E.Infantil






SAMAÍN

Durante a última semana de outubro, o alumnado de Infantil, estivo decorando as aulas para celebrar a festa do Samaín. Coloreamos monstros, arañas, vampiros... ademais colgamos do teito teas de araña QUE MEDO!
Tamén decoramos as ventás con cabazas. Agora imosvos contar como as fixemos por si vos animades a facelas na casa:
• Coloreamos unha cabaza nunha folla de cartolina
• Picámoslle os ollos, boca e nariz.
• Pegamos nos ocos papel celofán.
• Recortamos a cabaza arredor.
• Colgámola na ventá con lá.
O xoves 27 de outubro celebramos a festa do Samaín. Xuntámonos todo Infantil e decoramos un mantel para a celebración. Despois colocamos todo e comezamos a facer os feitizos. Esta parte gustounos moito porque os ingredientes eran gominolas e xelatina de sabores. Para rematar este día disfrazámonos de vampiros.
Fixemos moitas fotos pero... coidado... dan moito... MEEEEDO!

No hay comentarios: