4/11/11

Outono en E.Infantil





O OUTONO

Comezou o outono e os alumnos e alumnas de 6º de
Educación Infantil, decidimos facer un mural da nova estación. Fixémolo en grupo e foi unha experiencia que nos gustou moitísimo. Primeiro fixemos a árbore, utilizamos cartón e coloreámola de marrón. Despois o chan e o ceo, empregando papel continuo e témperas de cores, na aula de plástica e... deixamos todo recollido e limpo. Cando todo secou, pegamos o chan, o ceo e a árbore na parede. Para rematar coloreamos con ceras unhas follas e castañas, despois picámolas e pegámolas no mural.
Esperamos que vos guste.

No hay comentarios: