9/11/11

O Magosto

Adiviñas


Alto cabaleiro,


dálle a risa


e cáelle o diñeiro.



Que cousa é cousa


que coa súa risada


perdeu a súa anada?



Críase no aire


e no aire se mantén,


máis cando se ri


queda sen o que ten



Alto vivo,


mírame a xente


e se me río,


quedo sen dente



Alto estou,


color de ouro teño,


por unha risada


perdo o que conteño







Este ano,debido ás inclemencias do tempo fixemos o magosto no colexio.
Como podedes ver pasámolo moi ben.

No hay comentarios: